Evitar navegación.
Principal

RESEÑAS actividades

CHARLA BIEITO RUBIDO 2020

    

Bieito Rubido veu ao noso instituto o pasado venres 7 de febreiro para dar unha charla aos alumnos de cuarto da ESO sobre a importancia do estudo, a lectura, a información veraz, o pensamento crítico e os valores humanos; en definitiva, unha invitación a reflexionar sobre as estratexias para lograr o éxito a nivel profesional e persoal. 

 

Premer na imaxe para acceder ao álbum de fotos.

FALEMOS DE EMIGRACIÓN (2ª parte)


 

 

O pasado xoves, 30 de xaneiro de 2020,tivemos a 2ª parte da actividade "Falemos da emigración". Nesta ocasión foron os nosos rapaces/as os que investigaron e contaron as historias da emigración das súas familias ou coñecidos.

«Fálame da emigración» é un programa interxeracional que se insire na liña estratéxica «O valor da experiencia», da área de Envellecemento Activo de Afundación.

A experiencia na emigración será o fío condutor do diálogo interxeracional, articulado a través de dous encontros nos centros educativos, precedidos cada un deles dun traballo preparatorio por parte do alumnado e dos maiores.

  

 

A experiencia na emigración será o fío condutor do diálogo interxeracional, articulado a través de dous encontros nos centros educativos, precedidos cada un deles dun traballo preparatorio por parte do alumnado e dos maiores. A través dos encontros, maiores e mozos e mozas compartirán experiencias, opinións, coñecementos, traballo e emocións, establecendo relacións significativas baseadas na reciprocidade e o recoñecemento mutuo.

https://falamedaemigracion.afundacion.org/gl/colaboradores/13-centros-de-maiores-afundaci%C3%B3n/a-coru%C3%B1a

Na imaxe da esquerda podemos ver a publicación no "El Ideal Gallego" do día 31-01-20  

 

Premendo nas fotos pódese acceder ao álbum con máis imaxes    

CHARLA DOAZÓN DE ÓRGANOS 2020

    

O pasado mércores, día 22 de xaneiro, o alumnado de 4ºESO dos grupos B e D asistiu a unha charla sobre a doazón de órganos a cargo de representantes do Centro de Coordinación de Transplantes do CHUAC.

 

Premer na imaxe para acceder ao álbum de fotos.

VISITA MUSEO BBAA e ALBERGUE PADRE RUBINOS 2020

    

O pasado venres, día 24 de xaneiro, os departamentos de Historia e Plástica organizaron co alumnado de 4ºESO dos grupos C e D, unha visita ao Albergue do Padre Rubinos e ao Museo de Belas Artes de A Coruña, onde se achegaron as obras alí expostas centrándose dun xeito especial na sala de grabados de Goya, participando logo os alumnos/as nun taller de grabados para familiarizarse con esta técnica.

 

 

 

Premer na imaxe para acceder ao álbum de fotos.

 

 

VISITA MUSEO BBAA e COCIÑA ECONÓMICA 2020

    

O pasado venres, día 17 de xaneiro, o alumnado de 4ºESO dos grupos A e B, fixeron unha visita ao Museo de Belas Artes e a Cociña Económica.

 

 

 

Premer na imaxe para acceder ao álbum de fotos.

 

ACTIVIDADES NADAL 2019

Xa está dispoñible o álbum de fotos das actividades realizadas este Nadal, premer na imaxe para acceder.

FALEMOS DE EMIGRACIÓN

  

    

Hoxe, 19 de decembro de 2019, catro persoas viñeron a contarnos a súa historia de vida na emigración.

https://falamedaemigracion.afundacion.org/gl/colaboradores/13-centros-de-maiores-afundaci%C3%B3n/a-coru%C3%B1a

«Fálame da emigración» é un programa interxeracional que se insire na liña estratéxica «O valor da experiencia», da área de Envellecemento Activo de Afundación.

A experiencia na emigración será o fío condutor do diálogo interxeracional, articulado a través de dous encontros nos centros educativos, precedidos cada un deles dun traballo preparatorio por parte do alumnado e dos maiores. A través dos encontros, maiores e mozos e mozas compartirán experiencias, opinións, coñecementos, traballo e emocións, establecendo relacións significativas baseadas na reciprocidade e o recoñecemento mutuo.

Asistiron os alumnos de 4º C de ESO. Esta actividade forma parte do proxecto de educación na solidariedade promovido pola BIBLIOTECA do IES Blanco Amor

 

Premendo na foto pódese acceder ao álbum coN máis imaxes e un vídeo

CONCERTO NADAL 2019

         
 

  

 

O Grupo Instrumental Diazeuxis

SAÚDA

á comunidade escolar do IES Eduardo Blanco Amor

e vos desexa unhas Felices Festas de Nadal

e un próspero Ano Novo.

 

Esperámosvos na biblioteca do instituto

este xoves, día 19 de decembro, a las 13:20 h.

 

 

 Premendo na imaxe pódese acceder ao programa

 

         

MERCADIÑO SOLIDARIO 2019

         
 

  

   

ADEMAIS ESTES DÍAS A BIBLIOTECA TERÁ UNHA PEQUENA EXPOSICIÓN DE LIBROS E PELÍCULAS SOBRE O VALOR DA SOLIDARIEDADE POR SI A RAPAZADA ESTÁ INTERESADA EN LEVALOS Á SÚA CASA.

 

         

VISITA AO MUNCYT 4ºESO 2019

    

O pasado martes, día 03 de decembro, o alumnado de física e química e ciencias aplicadas de 4ºESO, fixeron unha visita ao Museo de Ciencia e Tecnoloxía, onde partiviparon nunha xincana tratando de localizar os principais obxectos expostos no mesmo.

 

 

 

Premer na imaxe para acceder ao álbum de fotos.

Distribuir contenido