Street basket 2023
Enviado por admin o Lun, 18/12/2023 - 14:29Desde o pasado 11 de decembro e ata o próximo día 20 o patio central do instituto acolle a 3ª edición do torneo Street basket 3x3, coa participación de oito equipos. Logo da primeira fase, que se celebrou a semana pasada, estes días estanse a xogar as semifinais e o día 20 teremos a gran final. Ademais, o xoves 21 o equipo de alumnado gañador do torneo xogará un partido contra un equipo de profesorado. Dentro das actividades inclúese tamén un concurso de triplas.
Plan de formación para a mellora da convivencia
Enviado por admin o Xov, 14/12/2023 - 10:54Esta semana celebrouse a primeira sesión dun Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) que se vai desenvolver este ano no instituto co obxectivo de reflexionar e poñer en práctica estratexias que melloren a convivencia no centro e contribúan a avanzar na resolución pacífica de conflitos, un traballo que se reflectirá no Plan de Benestar Emocional e Convivencia do centro. O curso, no que participan catorce profesores e profesoras, desenvolverase entre os meses de decembro de 2023 e abril de 2024.
25N, berramos NON á violencia de xénero
Enviado por admin o Ven, 24/11/2023 - 18:32Este sábado celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Esta semana estivemos desenvolvendo diferentes actividades destinadas a reflexionar sobre a violencia de xénero, que foron organizadas coordinadamente desde diferentes departamentos (EDLG, Club da Igualdade, Coordinación de Benestar, Lingua Galega, Relixión, titorías de 3ºESO, Vicedirección e Biblioteca).
Volven as sesións do Club da Igualdade
Enviado por admin o Ven, 27/10/2023 - 13:44Este próximo luns 30 de outubro, de 15:30 a 16:45, temos a primeira sesión do Club da Igualdade deste curso. Nesta ocasión imos falar, debater e compartir opinións sobre un tema que está moi de actualidade por moitas razóns: "Muller e fútbol".
Achégase o Samaín
Enviado por admin o Dom, 22/10/2023 - 20:05Desde a Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) propóñennos varios concursos e actividades agora que se achega o Samaín:
Días non lectivos e calendario escolar
Enviado por admin o Mar, 10/10/2023 - 23:52O Consello Escolar aprobou como días non lectivos propios do centro o 13 de outubro de 2023 e o 20 de maio de 2024, datas que xa foron autorizadas pola inspección educativa da Consellería de Educación. Polo tanto, este próximo venres 13 de outubro non haberá clase.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »