Listaxes admisión alumnado
Enviado por admin o Xov, 25/04/2024 - 11:58Foron admitidas todas as solicitudes de praza para o curso 2024/25, agás para 1º ESO. Neste curso foi necesario baremar debido a que recibimos máis solicitudes que as vacantes dispoñibles. Polo tanto, publícase no taboleiro interior do centro a seguinte información:
Intercambio con Alemaña
Enviado por admin o Mér, 24/04/2024 - 12:59Esta semana están en Gondomar 25 alumnos e alumnas do instituto Otto-Hahn-Gymnasium de Nagold (Alemaña), participando nun intercambio con alumnado de 1ºBach do IES Auga da Laxe.
Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo
Enviado por admin o Ven, 19/04/2024 - 12:58Publicouse no BOE a convocatoria de bolsas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidade específica de apoio educativo. O prazo para presentar as solicitudes abrangue desde o 30 de abril ao 13 de setembro de 2024. Tedes máis información na seguinte ligazón: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html
Probas de avaliación de diagnóstico en 2ºESO
Enviado por admin o Lun, 08/04/2024 - 09:45En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está prevista en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4º curso de Educación Primaria e 2º curso de Educación Secundaria Obrigatoria.
Convocatoria das Becas MEC
Enviado por admin o Mar, 19/03/2024 - 11:13Convócanse as bolsas do Ministerio de Educación, dirixidas aos alumnos e alumnas que vaian cursar estudos postobrigatorios: Bacharelato, Formación Profesional (incluída FP Básica), ensinos artísticos, deportivos, de idiomas ou estudos universitarios.
Semana cultural 2024
Enviado por admin o Lun, 18/03/2024 - 10:47Do 18 ao 22 de marzo, xa rematados os exames da 2ª avaliación e coincidindo coa viaxe a Andorra do alumnado de 4ºESO, celebraremos no instituto a Semana cultural 2024, cun programa de actividades que organizan conxuntamente a vicedirección, o EDLG, a Biblioteca e os dieferentes departamentos didácticos. O luns 18 haberá unha charla do poeta madrileño Mario Obrero para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, unha proposta que se organiza ao abeiro do programa “Encuentros literarios” do Ministerio de Cultura.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »