Blogues
Probas de acreditación de nivel de inglés
Enviado por admin o Mar, 14/12/2021 - 20:30Un total de 50 alumnos e alumnas de 4ºESO, 1ºBach e 2ºBach están realizando esta semana no instituto as probas do Trinity College para certificar o seu nivel de inglés (B1, B2 ou C1). Ao acreditarnos como centro examinador, o alumnado pode realizar as probas no propio instituto da man dun equipo de profesionais do Trinity College.
Participación do IES Auga da Laxe no proxecto de innovación CODOS
Enviado por admin o Mar, 14/12/2021 - 20:28O noso centro acaba de sumarse ao proxecto de innovación CODOS, promovido polo IES Escolas Proval, coa instalación de catro medidores de CO2 automatizados (dos 24 que ten neste momento o proxecto) en catro aulas.
Charla de Carlos Spuch sobre saúde mental
Enviado por admin o Ven, 10/12/2021 - 18:54Hoxe tivemos a visita de Carlos Spuch, biólogo e investigador no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, para falarnos sobre saúde mental. Asistiu o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de bacharelato e parte do profesorado. Logo da charla houbo unha prolongada quenda de preguntas ao respecto.
Muller e deporte, na próxima sesión do Club da Igualdade
Enviado por admin o Mér, 08/12/2021 - 20:22Este próximo luns día 13 de decembro, de 15.30h a 16:45h, teremos unha nova sesión do Club da Igualdade. O tema escollido nesta ocasión é "Muller e deporte". Contaremos coa presenza dunha pioneira do balonmán: Cristina Fernández Piñeiro, a primeira muller árbitra internacional da historia (entre outras cousas, a primeira en pitar unha final de Champions).
Teatro contra a violencia de xénero
Enviado por admin o Ven, 26/11/2021 - 22:22Este venres 26 de novembro o alumnado de 2º de Bacharelato asistiu á representación de "DesAlento", unha acción escénica, creada e interpretada por Mónica Sueiro, que trata o maltrato psicolóxico. A peza transita polo metafórico e o simbólico para finalizar compartindo cos asistentes a vivencia de violencia sufrida no pasado pola propia creadora.
Dicimos NON á violencia contra as mulleres
Enviado por admin o Lun, 22/11/2021 - 21:02No IES Auga da Laxe dicimos NON á violencia contra as mulleres nas súas diferentes manifestacións. Esta semana un grupo de alumnos e alumnas do Club da Igualdade atenderá nos recreos un stand no que se convida a alumnado e profesorado a reflexionar sobre todas as formas de violencia machista e a plasmar nunha tarxeta a que queren dicir NON.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »