Teatro contra a violencia de xénero
Enviado por admin o Ven, 26/11/2021 - 22:22
Este venres 26 de novembro o alumnado de 2º de Bacharelato asistiu á representación de "DesAlento", unha acción escénica, creada e interpretada por Mónica Sueiro, que trata o maltrato psicolóxico. A peza transita polo metafórico e o simbólico para finalizar compartindo cos asistentes a vivencia de violencia sufrida no pasado pola propia creadora.
A actividade foi promovida pola Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar.