blogue deadmin
Demostración de baloncesto en cadeira de rodas
Enviado por admin o Lun, 19/11/2018 - 12:39Este mércores, 21 de novembro, durante o recreo, de 12:00 a 12:30, no patio interior haberá unha demostración de baloncesto en cadeira de rodas por parte do Iberconsa Amfiv de Vigo. A actividade está organizada polo departamento de Educación Física.
I Semana poética Victoriano Taibo
Enviado por admin o Ven, 16/11/2018 - 21:43Ao longo desta semana, as portas e escaparates de diferentes establecementos comerciais de Gondomar, así como os balcóns de moitas vivendas e espazos públicos, acolleron carteis e pancartas con versos de diferentes autores e autoras dentro da I Semana poética Victoriano Taibo que organiza o Instituto de Estudos Miñoráns.
Visita ao Santuario de San Campio
Enviado por admin o Ven, 16/11/2018 - 21:41O próximo luns 19 de novembro o alumnado de Relixión de 1º e 2º ESO vai visitar o Santuario de San Campio, en Tomiño, para realizar un traballo guiado, previamente preparado na aula. Esta actividade ten como obxectivos descubrir a arte cristiá como expresión de fe e recoñecer a planta e a orientación dun templo, así como os diferentes elementos litúrxicos e decorativos.
Brux@s e cómplices
Enviado por admin o Ven, 16/11/2018 - 21:03A partir da lectura da novela Palabra de bruxa, de Andrea Barreira (Editorial Galaxia), o alumnado de 3ºESO reflexionou estes días nas clases de Lingua Galega e Literatura sobre aquelas cousas que hai anos poderían ser consideradas delitos nunha muller, aqueles feitos que podían facer que as mulleres fosen xulgadas como bruxas só por non renunciaren a ter unha voz propia.
Todos os días son 25 de novembro
Enviado por admin o Mér, 14/11/2018 - 21:19De novo, o alumnado da materia de Igualdade de 2º de ESO pintou frases alusivas ao respecto e contra a violencia ás mulleres nas beirarrúas da nosa vila, na zona do mercado. Como todos os días, hoxe é 25 de novembro.
Momentos do "Divírtete coas matemáticas!"
Enviado por admin o Ven, 09/11/2018 - 23:06Momentos do "Divírtete coas matemáticas!" de hoxe, a iniciativa que unha vez ao mes convidará a achegarse a esta materia dun xeito lúdico e divertido. A proposta está aberta a toda a comunidade educativa. As copias dos xogos van quedar ao longo de toda a semana que vén para que a xente os poida coller para resolvelos e logo entregárllelos ás profesoras de Matemáticas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- …
- seguinte ›
- última »