blogue deadmin

O machismo asasinou a Laura.

O machismo asasinou a Laura.

Libros para a igualdade

Libros para a igualdade é unha iniciativa da biblioteca do noso centro e mais do EDLG. Do 12 de decembro ao 25 de xaneiro expoñemos no patio central do instituto dúas ducias de libros de temática relacionada coa muller e o feminismo, que forman parte da maleta da igualdade, un préstamo do Centro de Formación do Profesorado de Vigo. Son obras diversas de varios xéneros: narrativa, poesía, ensaio, teatro e cómic.

Poemas de inverno. Homenaxe a Laura Luelmo.


Este martes 18 degustamos poemas de inverno cun acompañamento doce de pastas e música no salón de recitado que acolleu a dinamización poética de decembro que organiza o departamento de LCL.

Peche do primeiro trimestre e de 2018

O venres 21 de decembro pechamos o 1º trimestre do curso cunha xornada de actividades nas que se inclúen as finais dos torneos de tenis de mesa, futbito e xadrez; o xa tradicional concurso de cifras e letras; a entrega de premios e diplomas das diferentes actividades e, ás 12:50h, a entrega dos boletíns de notas da primeira avaliación.

Endulzando palabras de invierno

Este martes 18 de decembro o patio central do instituto acollerá unha nova sesión dos recreos con poesía que organiza o departamento de Lingua Castelá e Literatura: "Endulzando palabras de invierno". Nesta ocasión haberá un salón de recitado onde se lerán poemas de inverno, acompañados dunha sorpresa doce. O espazo estará aberto durante o recreo a toda a comunidade educativa para que quen queira poida achegarse e ler un poema.

Concerto de 2º de bacharelato

Este martes 11 tivo lugar na aula de música o primeiro concerto do curso co grupo de 2°Bach, que presentou os cinco primeiros temas do seu repertorio baixo a dirección do profesor Sergio Álvarez.

Distribuir contido