blogue deadmin

Parabéns a Nerea Barros

A nosa alumna Nerea Barros Vidal, de 4º ESO A, foi seleccionada no programa de becas da Fundación Amancio Ortega para estudar durante o curso 2022-23 en Canadá.
Moitos parabéns, Nerea!

Visita a ANFACO-CECOPESCA

O venres 4 de febreiro o alumnado de Economía de 1ºBach-B/C realizará unha visita ás instalacións de ANFACO-CECOPESCA, o grupo que representa a case 250 empresas do sector alimentario relacionado co mar. A actividade, que está organizada polo departamento de Economía, enmárcase dentro do programa EduTecEmprende da Consellería de Educación. 

 

Charlas do departamento de Filosofía

O luns 31 de xaneiro tivemos dúas charlas organizadas polo Departamento de Filosofía: unha, impartida polo profesor Andrés Cernadas sobre "Valores, conflitos éticos e corrupción no ámbito político e profesional", para alumnado de 2º de Bacharelato de Historia da Filosofía e 4° de ESO de Valores Éticos; e a outra, a cargo da profesora Ángela Fernández co título "Políticas de xénero: onde estamos e cara on

Terra de Tanxugueiras

Aquí tedes o vídeo “oficial” da coreografía “Terra”, de Tanxugueiras. Foi bailada e desfrutada hoxe venres por alumnado, profesorado e persoal de limpeza e compartida coa xente que pasaba a media mañá pola Praza da Paradela de Gondomar.

En memoria de Juan Carlos Ares

A comunidade educativa do IES Auga da Laxe súmase á dor e consternación polo falecemento do que foi profesor de Física e Química do centro (agora no IES Rosais 2) D. Juan Carlos Ares Rodríguez. Descanse en paz.


Sen biodiversidade non hai vida

Desde o xoves 21 de xaneiro e ata a segunda semana de febreiro está no instituto a exposición Sen biodiversidade non hai vida de Ecoloxistas en acción. Os paneis mostran a importancia fundamental do mantemento da biodiversidade e as ameazas ás que está exposta pola actividade humana, destacando ente elas o cambio climático e a contaminación.

Distribuir contido