blogue deadmin

Entroido 2022

O venres 25 de febreiro celebramos o Entroido. Logo dunha primeira hora de clase, houbo tempo para disfrazarse e participar no desfile escolar organizado polo Concello de Gondomar. Xunto cos compañeiros e compañeiras do IES Terra de Turonio e do CEIP Chano Piñeiro, percorremos as rúas da vila coas nosas coreografías. Xa de volta no instituto, cantamos, bailamos e celebramos o noso concurso de disfraces, con premios para as mellores propostas.

Día de Rosalía

Hoxe, 23 de abril, sumámonos á celebración do Día de Rosalía cun obradoiro e a lectura de poemas nas aulas e cun recanto no que compartimos o manifesto da AELG que escribiu Beatriz Maceda Abeleira e convidamos a ler a obra de Rosalía e a sementar pensamentos. #sementandopensamentos #_rdc_2022

 

Nova sesión do Club da Igualdade

vindeiro luns 21 de febreiro terá lugar unha nova sesión do Club da Igualdade. Desta volta vannos acompañar Priscila Retamozo Ramos, coordinadora do Comando Igualdade, e Blanca Fernández Ochoa, ex alumna do IES Alexandre Bóveda.

Comando Igualdade xu

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Ademais dotras celebracións nas materias de ciencias, as profesoras Josefa Rodríguez (Bioloxía e Xeoloxía) e Olalla Varela (Física e Química) estiveron traballando co seu alumnado de 2º de ESO e 1º de bacharelato na preparación duns paneis sobre mulleres científicas e inventoras.

Concurso Aula Acolledora

Desde a vicedirección e as titorías, acabamos de poñer en marcha o concurso "Aula acolledora" para premiar aqueles cursos de 1º e 2º ESO que destaquen polo coidado da súa aula no seu sentido máis amplo: orde, limpeza, material, espazo-aula, pero tamén respecto, axuda, escoita, traballo e convivencia. Para iso, un xurado formado por once persoas (profesorado, alumnado e persoal de limpeza) valorará quincenalmente a cada grupo.

Calendario de actividades de Espazo Lectura para o mes de febreiro

Este é o calendario de actividades de Espazo Lectura para o mes de febreiro de 2022
O instituto é socio protector da asociación do Val Miñor para o fomento e animación da lectura en lingua galega. 

Distribuir contido