MEGABAU 2024
No día de hoxe tivo lugar un acto de homenaxe no Coliseum da Coruña ao alumnado cos mellores expedientes na ABAU, en total, 1086 alumnos e alumnas, organizado pola UDC e presidido polo Conselleiro de Educación, os reitores das tres universidades galegas e diversas autoridades políticas, entre elas, a alcaldesa de A Coruña, Inés Rey. A esta Megabau foron invitados a participar catro dos nosos estudiantes e un representante do centro, xunto coas súas familias. Foi unha festa áxil e divertida, para premiar o esforzo e o traballo ben feito. Desde o noso centro asistiron, de esquerda a dereita da foto, Nora Luaces, Cecilia Aneiros, Eugenia Fernández como representante do centro, Emma Arias e Roi Morado. Os catro obtiveron tamén merecidas matrículas de honra. Noraboa!! Máis información e todo o photocall aquí. |