Skip to Content

Blogues

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR DE CENTRO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para ver en detalle, pincha aquí.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AVISO ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DAS MATERIAS DE BIOLOXÍIA E XEOLOXÍA DA ESO

Os libros necesarios para as materias de Bio / Xeo para o curso 2024-25 son os seguintes:

1º ESO: “Bioloxía e xeoloxía” 1ºESO Galicia Editorial McGraw Hill. ISBN: 978-84-486-2411-8

3º ESO: “Bioloxía e xeoloxía” 3º ESO Galicia Editorial McGraw Hill. ISBN: 978-84-486-2413-2

4º ESO: “Bioloxía e xeoloxía” 4º ESO Galicia Editorial McGraw Hill. ISBN: 978-84-486-4015-6

ESTAMOS DE VOLTA!!

O horario de atención ao público desde o día 2 de setembro ata o día 10, víspera do comezo do curso, será de 10 a 13 horas. Seguimos dispoñibles no correo ies.telleiras@edu.xunta.gal para calquera dúbida que teñades. O comezo das clases será o mércores, día 11 en horario completo, de 8:30 a 14:10 horas. Os martes haberá clases por la tarde, de 16:20 a 18:00 horas coma sempre.

Benvidos a este novo curso 2024-25!!

LISTAXE DEFINITIVA DOS ADMITIDOS PARA VALES DE MATERIAL ESCOLAR

Hoxe publicouse no taboleiro de novas do centro a listaxe definitiva dos solicitantes que recibirán vales para a compra de material escolar. Ditos vales poderán ser recollidos na Secretaría do centro a partires do luns que vén pola persoa que cubríu a solicitude en nome do alumno ou alumna previa presentación do DNI, ou no seu defecto, por persoa autorizada (na autorización constará o DNI do solicitante e do autorizado), presentando tamén o seu DNI.

LISTAXE PROVISIONAL DE VALES PARA A COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR

Hoxe foi publicada a listaxe provisional das axudas para a adquisición de material escolar, que poderá ser consultada no taboleiro de novas dentro do instituto. Non se proporcionará información telefónicamente por protección de datos.  

As enmedas e entrega de documentación complementaria requerida poderá levarse a cabo no centro nos vindeiros días, antes do 26 de xullo no que se publicará a listaxe definitiva.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

O horario de atención ao público no que resta do mes de xullo será de 10 a 13 horas en días laborables (día 26 pechado). Durante o vindeiro mes de agosto, para calquera cuestión, póñedevos en contacto con nós a través do correo do centro:

ies.telleiras@edu.xunta.gal

Graciñas e bo verán!!

 

DESPEDIDA

Despedimos aos nos@s compañeir@s, que foron un equipo traballador, animado e inspirador.  Deixades unha pegada moi fonda en tod@s! Desexamos que teñades moita sorte no seguinte destino. Volvede, por favor. Moitos bicos!!

 

MEGABAU 2024

No día de hoxe tivo lugar un acto de homenaxe no Coliseum da Coruña ao alumnado cos mellores expedientes na ABAU, en total, 1086 alumnos e alumnas, organizado pola UDC e presidido polo Conselleiro de Educación, os reitores das tres universidades galegas e diversas autoridades políticas, entre elas, a alcaldesa de A Coruña, Inés Rey. A esta Megabau foron invitados a participar catro dos nosos estudiantes e un representante do centro, xunto coas súas familias. Foi unha festa áxil e divertida, para premiar o esforzo e o traballo ben feito.

Desde o noso centro asistiron, de esquerda a dereita da foto, Nora Luaces, Cecilia Aneiros, Eugenia Fernández como representante do centro, Emma Arias e Roi Morado. Os catro obtiveron tamén merecidas matrículas de honra. Noraboa!!

Máis información e todo o photocall aquí.

XORNADA DE 1º E 2º ESO NO GALIPARK

Este venres o alumnado de 1º e 2º de ESO viviu unha xornada a mar de divertida e entretida no parque multiaventura Galipark, onde tiveron oportunidade de facer moitísimas actividades como tiro con arco, paintball, rocódromo, circuítos de cordas en altura, tirolina… e como o tempo acompañou, tamén refrescarse na piscina. Un día cheo de emocións fortes para despedir o curso!

     
 

MATRICULACIÓN CURSO 2024-25

Data de matrícula

Curso no que se matricula

26 de xuño

2º BAC

27 de xuño

1º BAC

1 de xullo

4º ESO

2 de xullo

3º ESO

3 de xullo

2º ESO

4 de xullo

1º ESO

 O sobre da matrícula será entregado polo titor/a ao alumnado conxuntamente co boletín de notas. O alumnado de nova incorporación poderá recollelo na Secretaría do centro.

 O alumnado de 1º e 2º ESO non paga Seguro Escolar. Para os demais cursos, a cuantía do Seguro é de 1,12€ e será ingresado en entidade bancaria.

 Prégase respecten os días asignados para formalizar a matrícula.

 A matrícula debe formalizarse cada ano escolar.  De non entregarse o sobre de matrícula na data sinalada perderase o dereito á permanencia e o centro disporá da súa plaza.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut