PRIMAVERA EN TELLEIRAS
Agora que o curso está a piques de rematar e o verán se achega, poñemos punto e final a moitas actividades e proxectos que comezaron hai meses. Estamos a ter unha primavera moi movidita e chea de traballo! Aquí tedes algúns dos froitosdeste curso:
O Clube de Ciencia, logo do seu grande éxito na FLL, centrouse máis no mundo natural coa crianza de gusáns de seda e o cultivo da horta. Esperamos recoller moitas leitugas, tomates e xudías.
O 16 de maio entregáronse os premios do XXVIII Certamen Intercentros Concello de Narón, no Pazo da Cultura e foron moitos os alumnos premiados do noso centro, en categorías moi variadas. Aquí tedes os seus nomes:
· O grupo de teatro “Moucho e Cuquiña” de 2ºESO.
· O alumnado de Cultura Audiovisual de 1º BAC polo corto “Desbotando tópicos”.
· A alumna Duna Martínez de 2º ESO, pola obra “Marie” na categoría de Narrativa.
· A alumna Aitana Dopico de 2º ESO pola obra “A mellor decisión”.
· A alumna Celia Aneiros de 2º BAC pola poesía “Bruce Springsteen” e un accesit pola obra “Bailando con lobos”.
Noraboa a todos e todas!!
O alumnado de Educación Plástica está a reinterpretar obras pictóricas moi recoñecibles, especializándose nas de pintores galegos, que exponen no hall do centro. Asimesmo o alumnado de 4º ESO está a decorar as paredes do pasillo de acceso á súa clase con colores alegres e festivos, e motivos moi primaverais. |
O 22 de maio o alumnado de Economía da Empresa e o de Tecnoloxía e Enxeñería de 2º BAC visitou no Polígono de Sabón as instalacións de Inditex, para coñecer de primeira man o seu proceso produtivo, a loxística e as estratexias de marketing da empresa. Voltaron abraiados e aprenderon moitísimo!!
O equipo de Normalización Lingüística estivo a traballar sobre a novela de Xosé Neira Vilas “Memorias dun neno labrego”, unha das máis lidas e traducidas da literatura galega. O alumnado fixo unha exposición preciosa que adorna o pasillo do edificio de bacharelato titulada “Eu son Balbino”.