A Xunta de Galicia convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/24
1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios. 2. Cada premio non poderá exceder os 1.000 €. 3. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá ademais un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de xullo de 2024.
As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu» , accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu». código de procedemento ED311D.
|
Máis información no DOG do 6 de xuño de 2024 e en https://www.edu.xunta.es/premiosedu
|
|
|
Para ver resumo, pincha aquí