CONVÓCANSE AS AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE DE LINGUAS NO ESTRANXEIRO
O día 12 de febreiro foi publicada a convocatoria AXUDASLE 2024 na que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de bacharelato dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto desde o día 13 de febreiro ata o 12 de marzo (inclusive).
Para ler a orde completa do 29 de xaneiro de 2024, facede clic aquí.