Skip to Content

O PROXECTO ERASMUS + “DISCONNECT TO RECONNECT” CHEGA AO SEU FIN

 

O PROXECTO ERASMUS + “DISCONNECT TO RECONNECT” CHEGA AO SEU FIN

 

Alumnado participante e profesorado

 

Coincidindo co “Día do Libro 2021”, o 23 de abril  organizouse un acto na biblioteca do IES As Telleiras na que todos os implicados e participantes no proxecto europeo KA 229 Erasmus + “Disconnect to Reconnect” participamos dunha xornada festiva para celebrar xuntos a finalización do citado proxecto.

 

 

Profesorado coordinador do proxecto “Disconnect to Reconnect” (Dpto. Inglés)

 

 

 

Como é ben sabido, a pandemia derivada do COVID-19 minguou sensiblemente o seu desenvolvemento e impediu que puidésemos alcanzar tódolos obxectivos previstos ao comezo desta emocionante aventura europea que son os proxectos Erasmus +.

 

 

Reunión de despedida na Bibliotelleiras

 

Do que en principio ían a ser dous anos excitantes de traballo colaborativo co centro Mary Immaculate High School do País de Gales - coordinador do proxecto – pasamos a un vivir un sensible desencanto por non poder ofrecerlle ao alumnado a posibilidade de levar adiante unha experiencia formativa que deixaría unha pegada que, sen lugar a dúbida, os acompañaría de por vida.

 

 

Acto de clausura

   

 

Ante a imposibilidade de poder participar de ningunha das mobilidades previstas – tanto da acollida do alumnado galés no noso centro educativo como da nosa visita ao seu – o traballo  desenvolvido fixémolo na totalidade no noso centro educativo.

 

Isto non foi óbice para que reorientaramos a execución do proxecto e lle sacaramos o maior proveito ata que o COVID – 19 confinounos a todos definitivamente nas nosas casas, alá polo mes de marzo do 2020.

 

Fomos quen ata entón de materializar os nosos recreos inclusivos, nos que o alumnado do centro tomou parte de maneira moi proveitosa.

 

Fomentando a lectura neste proxecto

 

 

Quedaron no tinteiro as actividades previstas para a visita do equipo do centro galés – o tempo e a amizade compartida, a mellora na competencia comunicativa en lingua inglesa, os xogos tradicionais galegos, a viaxe a Compostela, a andaina pola bisbarra de Narón, a recepción oficial no centro e no concello, a semente dunha árbore como testemuña da sostebilidade do proxecto, etc. – pero mantemos a nosa ilusión viva e o compromiso de embarcarnos de novo nun novo Erasmus + cando as condicións o permitan.

 

 

Deixámosvos con algunhas imaxes do acto no que os compañeiros do equipo de biblioteca foron os anfitrións perfectos unha vez máis:

 

 

Charlie and the Chocolate Factory (Roald Dahl)

 

 Welsh cookies

 

Houbo tempo para os sorrisos, para degustar unhas típicas galletas galesas elaboradas pola coordinadora do proxecto no centro, e para agasallar ao noso alumnado Erasmus + cunha obra literaria en versión orixinal do escritor galés máis universal, Roald Dahl.

 

 

Novas adquisicións para a Bibliotelleiras a raíz do proxecto Erasmus +

 

 

Entrega do agasallo dos libros do escritor galés Roald Dahl pola directora do centro

 

 

ROALD DAHL (1916 – 1990)

 

 

 Impacto do escritor galés entre o alumnado galego lector

 

Queremos recoñecer o traballo feito polo alumnado participante, lembrar as súas familias,  e agradecer a todos os que dalgunha maneira fixeron posible este ano e medio de percorrido europeo.

 

Voltaremos!!!!

 

Alumnado Erasmus + co seu agasallo literario

 

NO IES As Telleiras SOMOS ERASMUS +

 

 

 

 

 

 

 

El presente proyecto ha sido financiado con el apoyo de la Comisión Europea.

 

Esta comunicación es responsabilidad exclusiva de su autor. Ni la Comisión Europea ni el Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut