Skip to Content

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA BACHARELATO SEMIPRESENCIAL DE ADULTOS: Alumnado matriculado en materias de 1º e 2º cursos


BACHARELATO SEMIPRESENCIAL DE ADULTOS

ALUMNADO DE 2º BAC CON MATERIAS DE 1º BAC NON SUPERADAS


O alumnado matriculado en materias de continuidade de 1º Bac e 2º Bac, e o alumnado con materias de 1º de Bac non superadas que teña posiblidade de acceder ao título de bacharelato na convocatoria ordinaria, terá dereito a realizar unha avaliación das materias de 1º Bac antes do día 3 de xuño. Esta avaliación corresponde á convocatoria ORDINARIA.

Todos os alumnos que desexen presentarse deberán solicitalo enviando un e-mail ao enderezo electrónico do centro antes do venres 22 de maio ás 14.00 h:

ies.telleiras@edu.xunta.es

Tamén contactarán co/a profesor/a da materia para recibir instrucións sobre as actividades de avaliación.

Importante para o alumnado que se presente: no caso de non superar algunha das materias de 1º Bac, o alumno disporá da convocatoria extraordinaria de setembro.

 

 

Xefatura de Estudos de Ensinanzas de Adultos

AdxuntoTamaño
continuidade_materias_BAC.pdf37.77 KB


blog | by Dr. Radut