Skip to Content

MÚSICA EN TEMPOS DE CONFINAMENTO...

    Teredes dende mañá mércores 25 na web do centro un cadro, materia por materia, lembrádoos a maneira de seguir avanzando e ter contacto cos vosos/as profesores/as. (Como me consta xa levades facendo). Este cadro-resumo de onde atopar información é de especial interese para o alumnado da miña titoría. Para vos e tamén para o resto do alumnado anímovos a contactar ao través do enderezo mail:    

                eiriz@telleiras.org

     Facede as actividades que vos pido, lede e resumide as lecturas obrigatorias que vos indico, vede os vídeos que vos recomendo e, o mais importante, utilizade a música dun xeito tamén UTIL para aprender e evitar momentos de "tensión" que desafortunadamente aparecerán tras tantos dias de illamento.

     Neste sentido, suspendo as tarefas relacionadas coa FRAUTA-que pode non "contribuir" á paz familiar...-,pero non así o CARRILLON...que, con baquetas xiradas, ben sabedes que apenas se escoita.

    Moita forza, paciencia e RESPETO cara os vosos irmás e pais/nais ou titores e demais familiares. Entre todos superaremos esta crise. Ata moi pronto.  Manuel.

 

 

 



blog | by Dr. Radut