Hoxe estiveron con nós os alumnos e alumnas de 4º ESO do centro veciño, o Cpi do Feal. Deron unha volta polas instalacións e recibiron información sobre a ampla oferta educativa do noso centro en Bacharelato. Esperamos telos con nós o curso que vén!! Seredes moi benvidos!!
As NOF, Normas de Organización e Funcionamento, teñen por finalidade facilitar a convivencia no centro e garantir un ensino de calidade. Son o marco normativo que afecta ao día a día no centro e son de obrigado cumplimento para tódolos membros da comunidade educativa: profesorado, alumnado, pais e nais e persoal non docente.
A pasada semana o Claustro e o Consello escolar aprobaron a última versión das mesmas, de xeito que estean adaptadas ás derradeiras ordes da Consellería de Educación e á realidade do noso centro hoxe en día. Por iso, convén facer unha lectura detallada das mesmas, en especial, do artigo 3.8 no que se recolle o protocolo para o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos.
O documento queda á vosa disposición no seguinte enlace: NOF 23-24
O colexio Virxe do Mar está adscrito ao noso centro, polo que estes alumnos e alumnas estarán con nós no vindeiro curso, moi probablemente. Para que se vaian familiarizando coas instalacións, o equipo directivo, a orientadora e algúns dos que serán os seus profesores no ano académico que vén, déronlles unha volta e puideron ver o máis salientable e resolver as súas dúbidas, para o que contaron coa axuda inestimable de dous dos nosos alumnos chegados do Virxe do Mar, coma eles, que lles contaron as súas impresións e experiencias.
Esperamos que vos gustase o noso centro e dámosvos unha calorosa e doce benvida por adiantado!!
Ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO con ordenador EducaDixital
Informámosvos de que xa dispoñemos dos ordenadores Edixgal para reemplazar aos dos vosos fillos e fillas. Levarán no día de hoxe a documentación de devolución e nova asignación de equipo (catro follas) que entregarán debidamente cuberta e asinada a Eugenia Fdez, coordinadora TIC, xunto co ordenador e mailo seu cargador, e perfecto estado e na caixa orixinal. Recomendamos gardar e borrar a información contida no equipo. Quedan co maletín. O cambio será inmediato. As familias afectadas serán tamén informadas vía Abalar.
PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DE MATERIAS TRONCAIS E OPTATIVAS PARA ACCEDER AO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA NO CURSO 2024-25
Tedes á vosa disposición no seguinte enlace as ponderacións das materias troncais e optativas que estades a cursar en 2º BAC para a realización das ABAU e que serán aplicables á matrícula que fagades nas universidades galegas no curso que vén. Cremos que poden ser do voso interese.
No día de hoxe celebramos a chegada das festas de Nadal e das vacacións!! Xa quedaron atrás os examens, os traballos e as cualificacións. Estamos a disfrutar dunha festa divertida e chea de animación. Decoramos portas, facemos deporte e competimos, pasando estas últimas horas lectivas todos xuntos. Aproveitamos a ocasión para felicitarvos o Nadal coas postais gañadoras do concurso!!
Coa chegada do Nadal, son varias as iniciativas que se están a por en marcha e nas que o alumnado pode participar. Aquí tedes os distintos carteis anunciadores: concurso de postais navideñas e recollida de xoguetes e alimentos con fin solidario, clásicos nestas datas; o día 19, o concurso de decoración de portas nas clases da ESO, o torneo de fútbol e brilé no Pabillón e torneo de tenis de mesa, coa colaboración do Clube de Tenis de mesa de Narón. Haberá tamén un DJ para menear o esqueleto, patrocinado polo AMPA do centro!!
O grupo da escola de baile de Narón Paso a Paso culminou na noite pasada unha fantástica traxectoria no programa de Telecinco, Got Talent, no que resultaron gañadoras. Nel participan alumnas do noso centro: Naiara Agras, Naiala Martínez e África López, de 1º ESO; María Mera, Claudia Martínez e Andrea Sixto, de 3º ESO; e Paula Rubido, de 2º BAC. Desde As Telleiras mándamoslles a máis sinceira noraboa polo éxito e o traballo ben feito!!
Co mes de decembro, chegan os exames do final da primeira avaliación, pero tamén unha das festas máis sinaladas do ano: o Nadal. No noso centro decoramos clases, pasillos e portas con bolas, espumillóns e estrelas. As árbores de Nadal lémbrannos que as vacacións están próximas e que teremos uns días libres para disfrutar coa familia e cos amigos. Felices festas a todos e todas!!
Noelia Míguez veu contarnos en primeira persoa e sen censura de ningún tipo a súa traumática experiencia: sufriu oito coiteladas por parte da súa parella e desde aquela, lidia coas secuelas físicas e psíquicas que lle provocou. Pero tamén loita por facer visible a súa situación e a de tódalas supervivintes da violencia de xénero. Estamos con vós!!