Skip to Content

blogue deeugenia.fer.rio

PROXECTOS DE TECNOLOXÍA DE 1º DE ESO

Mostramos a continuación os proxectos do alumnado de 1º ESO que estivo traballando moi duramente no taller de Tecnoloxía coa axuda da súa profesora, Tamara Cercido. Fantástico resultado. Parabéns!!

 

 

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023-24

 

Nos días 10 e 11 de abril, na Comunidade Autónoma de Galicia, vaise levar a cabo a avaliación de diagnóstico na que participará o alumnado de 2º da ESO. Trátase dunha proba anónima de carácter anual que comeza este curso 2023-2024 e que valorará as competencias do alumnado nas materias de linguas (castelán, galega e estranxeira) así como en matemáticas.  Non terá ningún efecto académico nin se reflectirá no expediente do alumnado. O obxectivo desta avaliación non é outro que obter información valiosa sobre o sistema educativo e o grao de adquisición das competencias en cada centro, tomando como referencia o alumnado de toda Galicia.

No seguinte enlace tedes información máis detallada.

OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA 2024

O pasado 14 de marzo, na final rexional da XI Olimpiada Filosófica celebrada en Santiago de Compostela, as nosas alumnas Vera Caneiro, na modalidade de Dilema Moral,  e Lara Díaz, na modalidade de Fotografía filosófica, acadaron un segundo posto, o que lles permite pasar á fase estatal, a celebrar en Bilbao os días 19 e 20 de abril.

Parabéns ás dúas e ao seu profesor de filosofía, Pablo López Sixto!!

Se queredes ver os traballos presentados, pinchade aquí.

EXCURSIÓN A TENERIFE 2024

O pasado mércores celebrouse a xuntanza de país de nais do alumnado de 4º ESO que viaxarán o próximo mes de abril a Tenerife. A información transmitida na mesma recóllese no seguinte arquivo

8M DÍA INTERNCIONAL DA MULLER

Celebramos este 8M Día Internacional da Muller con varias iniciativas, todas elas encamiñadas a mostrar os éxitos acadados por mulleres en distintos ámbitos da nosa sociedade. Igualmente, as profesoras do centro reflexionan sobre a súa vivencia persoal e como o feito de ser muller ten afectado ás súas carreiras profesionais. Orgullosas de servir de referentes ao noso alumnado!

   
       

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

O prazo de presentación das solicitudes ordinarias de admisión abranguerá do día 1 ao 20 de marzo de 2024, ambos incluídos.

    A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.     

   As persoas solicitantes poderán:

 - Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

  - Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia ou da páxina web da Consellería de Educación, para cubrilos manualmente e entregalos de forma presencial.

EXCURSIÓN A LONDRES 2024

Para aqueles que non tiveron a oportunidade de asistir á xuntanza de familias do alumnado de 1ºBAC no concerniente á excursión a Londres, déixovos o enlace á presentación que alí se mostrou en formato descargable. Para calquera cuestión, non dubidedes en poñervos en contacto con nós.

 PINCHA AQUÍ

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO IES AS TELLEIRAS

O vindeiro martes día 12 de marzo ás 6 da tarde, o IES As Telleiras abrirá a súas portas para recibir a todos aqueles e aquelas, futur@s alumn@s e as súas familias, que quieran vir  coñecernos e visitar as instalacións do centro. Será unha grande oportunidade para coñecer de primeira man a nosa ampla oferta educativa  e para resolver calquera dúbida.

Agardámosvos!!

OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA 2024

 

O pasado 8 de febreiro, o alumnado de Educación en Valores (3º ESO) e de Filosofía (4º ESO) participou na XI Olimpíada Filosófica de Galicia. Nada menos que dúas alumnas do IES As Telleiras resultaron seleccionadas para a final, que se vai celebrar o vindeiro 14 de marzo na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela:

-Vera Caneiro Beceiro, na modalidade de Dilema moral;
-Lara Díaz Fernández, na modalidade de Fotografía filosófica.


Parabéns!


Distribuir contido


by Dr. Radut