Este curso recuperamos de novo polo Samaín, en colaboración coa Vicedirección e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o noso tradicional Concurso de Relatos de Terror. As bases para poder participal son as seguintes:
BASES:
1. PARTICIPANTES: Todo o alumnado do centro.
2. TEMÁTICA: Terror
3. FORMATO:
- Deberán estar escritos a ordenador.
- Extensión máxima: 1 folio polas dúas caras (Times New Roman 12, entreliñado 1.5)
- Os traballos serán remitidos ao EDLG dentro dun sobre pechado, no que se indicará un pseudónimo e o curso do autor/ autora. Dentro do sobre incluirase un sobre pequeno pechado que conteña os datos persoais do autor ou autora (nome e apelidos, curso, grupo)
4. LINGUA: Deben estar escritos en galego.
5. VALORARASE: Creatividade e orixinalidade.
6. DATA
LÍMITE E LUGAR DE ENTREGA: 22 de outubro. En conserxería.
7. XURADO: Estará formado por profesorado do centro. O nome da persoa gañadora darase a coñecer o mércores 30 de outubro durante a celebración do Samaín.
8. PREMIO: Outorgarase un premio ao mellor relato.
Animádevos a participar! Gravaremos os vosos relatos en Telleirasradio... Así que preparade a voz máis terrorifica que teñades para acompañalos.
Non podemos olvidarnos tamén do Concurso de cabazas e unha nova incorporación ás actividades de Samaín o Concurso de Portas de Terroríficas. Na seguinte imaxe tedes un resumo dos carteis informativos: