Skip to Content

Blogues

Información ás familias sobre a segunda avaliación

 


 

Información ás familias do alumnado

 sobre a 2ª avaliación


 

 

Estimadas familias:

 

Ante a situación que estamos a vivir polo estado de alarma, o pasado venres 27 de marzo, recibimos instrucións por parte da Consellería para a realización da 2ª avaliación resumido nos seguintes puntos:

 

- Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. Polo tanto serán tidos en conta os contidos traballados ata o 12 de marzo.

- Publicaranse na páxina WEB do centro as aclaracións pertinentes aos criterios de avaliación e cualificación por cada Departamento Didáctico. Lembrade que os exames non son o único instrumento para poder avaliar.

- As notas publicaranse o día 3 de abril sobre as 14:00 h. Poderase acceder a elas mediante a plataforma Abalar. Polo que lembramos a todas as familias a necesidade de formalizar o acceso á aplicación, a través da Play Store do seu teléfono móbil baixando a aplicación ABALAR.

Lembrade que para calquera dúbida poden contactar co centro no correo:

ies.telleiras@edu.xunta.es

 Un saúdo, e ánimo.

 

 

 

A Dirección

Información sobre a excursión a Roma

 


Información ás familias do alumnado

IES As Telleiras

Excursión a Roma


 

 

Estimadas familias:

 

Por motivos de sobra coñecidos por todos nós, de saúde e académicos, e no medio desta difícil situación, vémonos na obriga de comunicarvos a imposibilidade de levar a cabo este curso a excursión proxectada a Roma. Ante a dificultade de celebrar unha reunión presencial con todos vós, a axencia infórmanos da situación na que nos atopamos despois da cancelación da viaxe de grupo. Tanto a compañía aérea coma o hotel non contemplan o reembolso en metálico do importe feito ata esta data nin tampouco de facer bonos individuais para cada participante. Soamente cabería unha destas dúas posibilidades:

 

1- Cambiar as datas da viaxe de novo (agás tempada alta) ata 12 meses.

 2- Poderá transferir o importe da reserva cancelada nunha nova reserva de grupo para cualquier data e/ou destino. Calquera consulta, aclaración ou xestión en relación coa viaxe queda pendente do regreso á normalidade e á actividade lectiva presencial, momento no que poderemos atendelas axeitadamente.

 

Grazas pola súa colaboración e moito ánimo.

 

 

  A Dirección

Aviso: vías de atención telemática ao alumnado

 


Aviso ás familias do alumnado

IES As Telleiras

Resumo vías telemáticas


 

Dende que se decretase o estado de alarma ditaminado polo Goberno o profesorado do centro está a traballar de forma telemática polo que achegamos un resumo dos medios utilizados por cada docente, materia e curso tanto da ESO como de Bacharelato para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado nos seus domicilios.

O proceso de titorización e proposta de actividades realizarase a través das canles indicadas nas seguintes táboas: (premendo no grupo poden descargar o documento).

 

Así mesmo, o departamento de Orientación pon a disposición do alumnado e as familias o seguinte enlace:
https://elorienta.com/telleiras/

 

Lembramos que para comunicacións urxentes estamos á súa disposición na dirección:

ies.telleiras@edu.xunta.es

Para problemas que non poidan solucionar polo correo chamen ao teléfono do instituto de luns a venres de 10:00 h a 13:00 h:

Teléfono: 881930350

 

  A Dirección

Aviso ás familias despois das medidas adoptadas pola Consellería de Educación ante a crise do coronavirus

 


Aviso ás familias do alumnado despois das medidas adoptadas pola Consellería de Educación ante a crise do coronavirus


 

O profesorado do Centro está a traballar na elaboración de materiais didácticos para garantir a atención ao alumnado e facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe.

As canles de comunicación son:

- Informativas: Páxina web do centro e Abalar.

- Plataformas didácticas: E-dixgal (1º e 2º ESO) e Aula virtual.

- Os correos do dominio @telleiras.org

- Os medios habilitados polo profesorado con anterioridade.

Lembramos a importancia de ter habilitada correctamente a aplicación Abalar. O alumnado e as familias deberán consultar periodicamente estas canles.

 

  A Dirección

Información do centro durante o estado de alarma

 


Información do centro

durante o estado de alarma


 

Durante o período inicial ditaminado polo goberno, que vai desde o 16 de marzo ata novo aviso, este centro traballará de forma telemática.

Os trámites administrativos están suspendidos por orde do goberno, os prazos dos mesmos reanudaranse cando as autoridades así o determinen.

Para comunicacións urxentes estamos á súa disposición na dirección:

ies.telleiras@edu.xunta.es

Para problemas que non poidan solucionar polo correo chamen ao teléfono do instituto de luns a venres de 10:00 h a 13:00 h:

Teléfono: 881930350

Lembren que os días 19 (festivo) e 20 de marzo son días non lectivos.

Tamén lembren que non podemos entregar ningún papel de forma presencial.

 

 

  A Dirección

INFORMACIÓN COVID-19

Estimadas familias:

Informamos de que a Xunta comunica as seguintes instrucións: os centros educativos de Galicia pecharanse desde o vindeiro luns por un período inicial de 14 días con carácter oficial, e de xeito recomendado mañá venres. Segundo recibamos información irase publicando nesta Web.

A Dirección.

Prazo de admisión para o curso 2020/2021

 


 

PRAZO DE ADMISIÓN PARA O

CURSO 2020/2021


 

Do 1 ao 20 de marzo

 

O alumnado de nova incorporación que queira solicitar praza para o próximo curso no IES As Telleiras pode facer a solicitude da seguinte forma:

 

Vía dixital no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

(só entre o 1 e o 20 de marzo)

 

Forma presencial no IES As Telleiras

(como o último día do prazo, 20 de marzo, o centro permanecerá pechado por ser día non lectivo, poderase entregar a documentación tamén o luns 23 de marzo).

 

A Dirección

 

Exames finais - Módulo Terceiro da ESA

Exames finais do módulo terceiro (ESA)

CURSO 2019-2020

 

Os exames finais correspondentes aos ámbitos do Módulo Terceiro da ESA quedan fixados para as seguintes datas e horas:

 

·  Ámbito de comunicación (inglés): xoves 30 de xaneiro, ás 18.20 h.

·  Ámbito científico tecnolóxico: venres 31 de xaneiro, ás 16.20 h.

·  Ámbito social: luns 3 de febreiro, ás 17.10 h.

·  Ámbito de comunicación: martes 4 febreiro, ás 18.20 h.

 

Todos os exames se realizarán na aula de referencia da ESA (E 2C).

Xefatura de Estudos de Adultos

Aviso sobre o transporte escolar 2020


 

Aviso sobre o transporte escolar


 

 

A partir do 8 de xaneiro de 2020, a Consellería de Educación modifica as concesións do transporte escolar, polo que os autobuses que recollerán ao alumnado serán de outras empresas, pero as paradas e os horarios serán os mesmos. Desculpade polas molestias.

Bo Nadal!

Dende o IES As Telleiras desexámoslles

bo Nadal e Feliz ano 2020!

Distribuir contido


by Dr. Radut