Skip to Content

Blogues

Volta á actividade presencial voluntaria para 2º de Bacharelato


VOLTA Á ACTIVIDADE PRESENCIAL VOLUNTARIA

2º DE BACHARELATO


 

O vindeiro luns 25 de maio retomarase a actividade presencial voluntaria só para o alumnado de 2º de bacharelato.

O centro tomou todas as medidas de prevención, hixiene e limpeza determinadas polo Ministerio de Sanidade e a Consellería de Educación.

A Dirección organizou un horario para garantir a seguridade sanitaria. Este horario será diferente ao habitual, escalonando entradas e saídas e mantendo a distancia de 2 metros dentro da aula. Poderá cambiar en función das circunstancias sanitarias.

No caso de que o alumnado asista ao centro, deberá manter a distancia de seguridade e usar a máscara nos espazos comúns. Ao alumnado que non a traia da casa facilitarase unha no centro.

Tamén deberá lavar as mans con xel hidroalcólico á entrada da clase.

Lembren que se algún alumno/a amosa síntomas de enfermidade non debe acudir ao centro.

A asistencia é voluntaria e non influirá nin positiva nin negativamente na cualificación final, que se determinará seguindo os criterios publicados nas adaptacións das programacións.

Adxúntanse o protocolo de asistencia ao centro e o protocolo de aula.

 


A Dirección

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA BACHARELATO SEMIPRESENCIAL DE ADULTOS: Alumnado matriculado en materias de 1º e 2º cursos


BACHARELATO SEMIPRESENCIAL DE ADULTOS

ALUMNADO DE 2º BAC CON MATERIAS DE 1º BAC NON SUPERADAS


O alumnado matriculado en materias de continuidade de 1º Bac e 2º Bac, e o alumnado con materias de 1º de Bac non superadas que teña posiblidade de acceder ao título de bacharelato na convocatoria ordinaria, terá dereito a realizar unha avaliación das materias de 1º Bac antes do día 3 de xuño. Esta avaliación corresponde á convocatoria ORDINARIA.

Todos os alumnos que desexen presentarse deberán solicitalo enviando un e-mail ao enderezo electrónico do centro antes do venres 22 de maio ás 14.00 h:

ies.telleiras@edu.xunta.es

Tamén contactarán co/a profesor/a da materia para recibir instrucións sobre as actividades de avaliación.

Importante para o alumnado que se presente: no caso de non superar algunha das materias de 1º Bac, o alumno disporá da convocatoria extraordinaria de setembro.

 

 

Xefatura de Estudos de Ensinanzas de Adultos

Adaptacións das programacións, organizadas por departamentos

 


Adaptacións das programacións

Curso 2019-20


 

A continuación ofrécense enlaces ás adaptacións das programacións dos distintos departamentos. Cada enlace abre un documento no que aparecen as programacións das materias ordenadas por ensinanzas (diúrno + nocturno).

 

 
 
 

  A Dirección

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA MÓDULO 3 ESA

ESA - MÓDULO 3

PROBA EXTRAORDINARIA

 

O alumnado pode consultar o calendario de actividades para a convocatoria extraordinaria do módulo 3 no seguinte enlace:

CALENDARIO E ACTIVIDADES PARA SUPERAR O MÓDULO 3 DA ESA - CURSO 2019-20

 

Lembramos que as vías de comunicación telemática co profesorado están dispoñibles no seguinte anuncio:

AVISO: VÍAS TELEMÁTICAS DE ATENCIÓN AO ALUMNADO

 

Para máis información ou para comunicar problemas de conectividade, rogamos ao alumnado se poña en contacto co centro.

 

 

Xefatura de Estudos de ensinanzas de Adultos

REANUDACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/21

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN:

do 11 ao 18 de maio (ambos incluídos)

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO:

antes do 9 de xuño

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO:

ata o 26 de xuño

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA ORDINARIA:

do 1 ao 10 de xullo

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: De Luns a Venres de 9:00 a 14:00

Modelos de exame - ABAU 2020

 


Información sobre ABAU 2020


 

 

 Estimadas familias:

 Trasladamos a seguinte información da CiUG:

 

Dado que xa coñecemos as disposicións normativas que regulan as probas, aínda que a Resolución conxunta da SXU e da DXEFPIE non estea publicada [no DOG], consideramos que é necesario proceder á publicación dos novos modelos de exame para as ABAU 2020 que poden descargar no enlace que está nun Post-it da páxina web da CiUG (https://ciug.gal/gal) ou directamente a través do seguinte enlace:

https://ciug.gal/gal/abau/modelos

 

As instrucións para a realización da ABAU do curso 2020/2021 atópanse na seguinte páxina:

 http://edu.xunta.gal/portal/node/30938

 
 

  A Dirección

Comunicación das familias cos titores

 
 

Comunicación das familias cos titores


 

A continuación, poñemos a disposición das familias o correo electrónico de contacto do Equipo de Orientación e de cada titor co seu grupo, ante a imposibilidade de atendelas presencialmente. Esta vía non exclúe a plataforma ABALAR, no caso de que algún titor xa a utilice.

 

ESO

GRUPO

TITOR/A

CORREO ELECTRÓNICO

1º A

AURORA FÁTIMA ROMAR GASALLA

profetecnoloxa@telleiras.org

1º B

CRISTINA MONTES POSADAS

cristina.montes@telleiras.org

cristina.montes@edu.xunta.es

1º C

Mª DEL CARMEN YÁÑEZ LAGO

myanez@edu.xunta.es

2º A

JUAN CARLOS GONZÁLEZ PAZ

jcgpaz@edu.xunta.es

jcgpaz@telleiras.org

juan65paz@gmail.com

2º B

MANUEL SIEIRO EIRIZ

manueltutormusica@gmail.com

2º C

XULIA MARTÍNEZ PEDREIRA

xuliamartinez@telleiras.org

2º D

MERCEDES RODRÍGUEZ CALVO

mrcalvo@telleiras.org

3º A

EUGENIA FERNÁNDEZ DEL RÍO

eugenia.fer.rio@telleiras.org

3º B

JAVIER GONZÁLEZ FERNÁNDEZ

xabierdebalbino@edu.xunta.es

3º C

ANA PENA RODRÍGUEZ

anapenarodriguez@edu.xunta.es

4º A

JUAN JOSÉ GONZÁLEZ LUACES

jjluaces@gmail.com

4º B

JOSÉ FERRACES REGUEIRO

jose.ferraces@telleiras.org

4º C

MARÍA XOSÉ YÁÑEZ GRADAÍLLE

gradaille@edu.xunta.es

 

 

BACHARELATO

GRUPO

TITOR/A

CORREO ELECTRÓNICO

 A

CARMEN PAZOS NAVEIRA

carmenpazos@edu.xunta.es

 B

ÁNGELES VIDAL RODRÍGUEZ

angelesvidal@telleiras.org

 C

ANDRÉS VIZOSO BLANCO

avizoso@telleiras.org

 D

FERNANDO GÓMEZ LÓPEZ

fernandogomezlopez@edu.xunta.es

 A

EVA RÍOS VÁZQUEZ

evarv@edu.xunta.es

 B

CARMEN LAMAS MONTERO

molis@edu.xunta.es

 C

EMILIANO PATIÑO DOVAL

emilianopd@telleiras.org

 

ADULTOS

GRUPO

TITOR/A

CORREO ELECTRÓNICO

2º FPB

IRIA PEREIRA GARCÍA

fisquiria@gmail.com

ESA

JUAN MORÁN VEGA

jmoran@telleiras.org

1º Bac Ad

IRIA PEREIRA GARCÍA

fisquiria@gmail.com

2º Bac Ad

IRIA PEREIRA GARCÍA

fisquiria@gmail.com

 

ORIENTACIÓN

 

 

CORREO ELECTRÓNICO

ORIENTADORA

SAINZA BONOME CARBALLÉS

sainzabc@edu.xunta.es

PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

MARÍA JESÚS BARREIRO SEOANE

barreiroseoane@edu.xunta.es

PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

AURORA VEIGA MIRAMONTES

auroraveiga@telleiras.org

 

A Dirección

Información ás familias sobre a segunda avaliación

 


 

Información ás familias do alumnado

 sobre a 2ª avaliación


 

 

Estimadas familias:

 

Ante a situación que estamos a vivir polo estado de alarma, o pasado venres 27 de marzo, recibimos instrucións por parte da Consellería para a realización da 2ª avaliación resumido nos seguintes puntos:

 

- Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. Polo tanto serán tidos en conta os contidos traballados ata o 12 de marzo.

- Publicaranse na páxina WEB do centro as aclaracións pertinentes aos criterios de avaliación e cualificación por cada Departamento Didáctico. Lembrade que os exames non son o único instrumento para poder avaliar.

- As notas publicaranse o día 3 de abril sobre as 14:00 h. Poderase acceder a elas mediante a plataforma Abalar. Polo que lembramos a todas as familias a necesidade de formalizar o acceso á aplicación, a través da Play Store do seu teléfono móbil baixando a aplicación ABALAR.

Lembrade que para calquera dúbida poden contactar co centro no correo:

ies.telleiras@edu.xunta.es

 Un saúdo, e ánimo.

 

 

 

A Dirección

Información sobre a excursión a Roma

 


Información ás familias do alumnado

IES As Telleiras

Excursión a Roma


 

 

Estimadas familias:

 

Por motivos de sobra coñecidos por todos nós, de saúde e académicos, e no medio desta difícil situación, vémonos na obriga de comunicarvos a imposibilidade de levar a cabo este curso a excursión proxectada a Roma. Ante a dificultade de celebrar unha reunión presencial con todos vós, a axencia infórmanos da situación na que nos atopamos despois da cancelación da viaxe de grupo. Tanto a compañía aérea coma o hotel non contemplan o reembolso en metálico do importe feito ata esta data nin tampouco de facer bonos individuais para cada participante. Soamente cabería unha destas dúas posibilidades:

 

1- Cambiar as datas da viaxe de novo (agás tempada alta) ata 12 meses.

 2- Poderá transferir o importe da reserva cancelada nunha nova reserva de grupo para cualquier data e/ou destino. Calquera consulta, aclaración ou xestión en relación coa viaxe queda pendente do regreso á normalidade e á actividade lectiva presencial, momento no que poderemos atendelas axeitadamente.

 

Grazas pola súa colaboración e moito ánimo.

 

 

  A Dirección

Aviso: vías de atención telemática ao alumnado

 


Aviso ás familias do alumnado

IES As Telleiras

Resumo vías telemáticas


 

Dende que se decretase o estado de alarma ditaminado polo Goberno o profesorado do centro está a traballar de forma telemática polo que achegamos un resumo dos medios utilizados por cada docente, materia e curso tanto da ESO como de Bacharelato para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado nos seus domicilios.

O proceso de titorización e proposta de actividades realizarase a través das canles indicadas nas seguintes táboas: (premendo no grupo poden descargar o documento).

 

Así mesmo, o departamento de Orientación pon a disposición do alumnado e as familias o seguinte enlace:
https://elorienta.com/telleiras/

 

Lembramos que para comunicacións urxentes estamos á súa disposición na dirección:

ies.telleiras@edu.xunta.es

Para problemas que non poidan solucionar polo correo chamen ao teléfono do instituto de luns a venres de 10:00 h a 13:00 h:

Teléfono: 881930350

 

  A Dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut