Skip to Content

Blogues

Reclamación ás cualificacións de ESO, ESA, FPB e 1º BACHARELATO

 


Reclamación ás cualificacións de

ESO, ESA, FPB e 1º BACHARELATO


 

O alumnado de ESO, ESA, FPB e o primeiro curso de Bacharelato poderá reclamar contra as cualificacións finais obtidas na convocatoria ordinaria os días 25 e 26 de xuño, de 09:00 a 14:00 h entregando a solicitude de reclamación, dirixida á Xefatura de Estudos.

O impreso de solicitude estará dispoñible na conserxaría do Centro.

 

Notificación de resolución de reclamacións

A Xefatura de Estudos entregará as notificacións das resolucións aos/ás interesados/as ou representantes legais o día 29 de xuño ás 13:00 horas. O alumno ou alumna, ou os seus representantes legais, dispoñen dun prazo de 48 horas desde a notificación da resolución para solicitar no centro por escrito que a dirección remita o expediente de reclamación ante o Xefe do Departamento Territorial de A Coruña.

A solicitude será presentada na secretaría do centro dende o martes 30 de xuño até as 13:00 h do mércores 1 de xullo.

 

 

A Dirección

AVISO IMPORTANTE 2º ESO DEVOLUCIÓN ORDENADORES

 


AVISO IMPORTANTE PARA 2º ESO

DEVOLUCIÓN DE ORDENADORES


 

No caso do alumnado de 2º ESO, os proxenitores devolverán ao centro os ordenadores EDIXGAL e asinarán a entrega o martes 23 de xuño de 2020 no horario previsto:

HORA GRUPO
16:30-17:15 2º ESO A
17:15-18:00 2º ESO B
18:00-18:45 2º ESO C
18:45-19:30 2º ESO D

 

Lembramos que é obrigatorio o uso de máscara.

 

A Dirección

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

LEMBRAMOS QUE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O VENRES 19 DE XUÑO

 

Máis información no Portal educativo da Xunta de Galicia:

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

ENTREGA DE NOTAS E DEVOLUCIÓN DE LIBROS

 


 

ENTREGA DE NOTAS E DEVOLUCIÓN DE LIBROS

 


 

O martes 23 de xuño de 2020 os titores entregarán presencialmente os boletíns, sobres de matrícula e farán a recollida de libros pendentes de devolución na aula de referencia para cada grupo co horario que figura no seguinte cadro. No caso de 2º ESO, ademais recollerase tamén o ordenador EDIXGAL (ordenador, cargador, funda, punteiro e caixa).

Será obrigatorio o uso de máscara, en caso de que algún alumno ou alumna non dispoña dela, o centro proporcionaralle unha.

 

MARTES, 23 de xuño de 2020

 

HORAS GRUPOS
10:30-11:00 1º ESO A 1º BACH A
11:00-11:30 1º ESO B 1º BACH B
11:30-12:00 1º ESO C 1º BACH C
12:00-12:30 3º ESO A 1º BACH D
12:30-13:00 3º ESO B 1º BACH ADULTOS
13:00-13:30 3º ESO C ESA / FP BÁSICA

 

HORAS

GRUPOS

16:30-17:15 2º ESO A 4º ESO A
17:15-18:00 2º ESO B 4º ESO B
18:00-18:45 2º ESO C 4º ESO C
18:45-19:30 2º ESO D
 

 

A Dirección

Aviso da biblioteca -- COVID-19

 


BIBLIOTELLEIRAS

XUÑO 2020

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN NA BIBLIOTECA POR MOR DA COVID-19


 

Resolución, do 22-05-2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial nos centros de ensino non universitario dependentes da Consellería.

13. Uso da biblioteca

13.1 A biblioteca terá un aforo máximo de 15 alumnos. Excepcionalmente, se é posible polo tamaño da mesma, o equipo directivo pode ampliar ou reducir o aforo sempre que se cumpran as condicións de seguridade axeitadas e a distancia do alumnado.

O responsable de biblioteca, xunto coa dirección, establecerá un protocolo de acceso á biblioteca, se fose posible mediante petición previa. O alumnado debe hixienizar as mans antes e despois da estancia na sala.

13.2 O equipo de biblioteca sinalizará as mesas e outros postos de traballo que poden ser utilizados de xeito que se manteña a distancia de seguridade e se optimicen os postos dispoñibles.

Ao rematar, os usuarios da biblioteca hixienizarán os postos que teñan ocupado.

13.3 O préstamo de libros ou outro material realizarase de xeito habitual aínda que o devolto deberá permanecer en caixas identificativas e illadas como mínimo 14 días antes de volver aos andeis. Evitarase o uso de xogos de mesa e materiais semellantes cando implique un uso compartido mentres dure a situación excepcional.

13.4. Aplícanse na biblioteca as restantes normas de uso e funcionamento das aulas ordinarias.

 

A Bibliotelleiras e a Dirección do centro informan da adopción de medidas que garantan que no curso 2020-21 a nosa biblioteca sexa un lugar seguro e libre de riscos para os seus usuarios e usuarias.

Medidas relacionadas co acceso e o uso dos espazos (salas de préstamos, salas de lectura, sala de ordenadores):

 - Seguiranse en todo momento as normas de seguridade e hixiene establecidas.

     · Debe facerse uso de máscaras.

     · Respectarase a distancia de dous metros de seguridade.

 - Os usuari@s utilizarán as entradas e saídas debidamente sinalizadas.

 - A biblioteca dispón de xel hidroalcohólico; deberá usarse ao entrar e saír.

 

Medidas relacionadas coa devolución de libros en préstamo:

O protocolo de devolución dos libros en préstamo consta dos seguintes pasos:

1.- Na conserxería do centro xa están dispoñibles as bolsas de plástico nas que se introducirán os libros.

2.- Os libros irán debidamente sinalizados.

3.- A continuación os libros depositaranse en caixas illadas nas dependencias da biblioteca. Alí pasarán 14 días de corentena, de acordo coas instrucións marcadas polas autoridades sanitarias, antes de volver aos andeis e quedar dispoñibles.

 

Rogamos a todos os usuarios e, en particular, ao alumnado e familias, que non esquezan devolver os libros en préstamo á Bibliotelleiras cando as condicións sanitarias o permitan, para que se complete a súa devolución definitiva coa súa introdución no programa MEIGA de Bibliotecas Escolares de Galicia.

É tarefa de toda a comunidade educativa ser responsable do control e coidado dos libros en préstamo; trátase de exemplares que deben manterse en condicións óptimas para o vindeiro curso. Neste sentido, cómpre sinalar a importancia de que todos os libros prestados regresen ao noso fondo bibliotecario, ao tempo que se traballan as competencias sociais e cívicas do alumnado.

 

Agradecemos de antemán a colaboración de todos e todas.

  

 Equipo da Bibliotelleiras

Admisión en ESO e Bacharelato (ensinanzas de diúrno). Curso 2020-2021

 


ADMISIÓN EN ESO E BACHARELATO

ENSINANZAS DE DIÚRNO        Curso 2020-2021


 

Todo o alumnado que presentou a súa solicitude de admisión para o curso 2020-2021 na ESO e Bacharelato no IES As Telleiras foi admitido.

 

Este alumnado pode formalizar a matrícula entre o 1 e o 10 de xullo. Na páxina web publicarase información sobre a documentación a entregar e as datas concretas para cada un dos cursos.

 

A Dirección

INFORMACIÓN SOLICITUDE TÍTULO BACHARELATO E MATRÍCULA ABAU

 


INFORMACIÓN SOLICITUDE TÍTULO

BACHARELATO E MATRÍCULA ABAU


No seguinte enlace inclúese a información sobre o precedemento para solicitar o título de Bacharelato e realizar a matrícula para ABAU (do 10 ao 17 de xuño): Solicitude título BAC e matrícula ABAU.

Os impresos poderanse recoller na secretaría do centro.

 

Nos seguintes enlaces inclúese información importante sobre a proba ABAU:

 - Resumo da convocatoria ordinaria.

 - Parámetros de ponderación das materias.

 - Instrucións para o alumnado.

 - Horario.

 - Lugar de realización da proba (pendente de publicación na páxina da CIUG)

 - Protocolo ABAU.

 

 

A Dirección

Cualificacións de 2º de Bacharelato e reclamacións ás cualificacións

 


PUBLICACIÓN DAS NOTAS DE

2º BACHARELATO


 O martes 9 de xuño a partir das 12 h publicaranse as cualificacións de réxime de diúrno e nocturno.

As familias ou o alumnado maior de idade que non poida acceder á aplicación ABALAR poderá solicitar un boletín en PDF, enviando a súa petición ao enderezo do correo do centro (ies.telleiras@edu.xunta.es). Dita petición deberá ir acompañada dos seguintes datos: nome, apelidos e número do DNI do alumno/a.

 


RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS DE

2º BACHARELATO


O alumnado do 2º curso de Bacharelato poderá reclamar contra as cualificacións finais obtidas na convocatoria ordinaria os días 10 e 11 de xuño.

A reclamación presentarase na secretaría do centro (horario 09:00 h - 14:00h), dirixida á directora.

As notificacións das resolucións serán entregadas ao alumnado maior de idade ou aos representantes legais do alumnado menor de idade o venres 12 de xuño ás 13:30 h, para o réxime ordinario e para o réxime de adultos.

Unha vez notificada a resolución, o alumno ou alumna, ou os seus representantes legais, poden solicitar por escrito na secretaría do centro, no prazo de 24 horas, que a dirección remita o expediente de reclamación ante a presidencia da Comisión de Supervisión. Este prazo rematará o luns 15 de xuño ás 13:30 h.

 

A Dirección

PREMATRÍCULA PARA O CURSO 2020-2021

PREMATRÍCULA PARA O CURSO 2020-2021

 

Estimadas familias:

 

Dadas as circunstancias actuais derivadas pola COVID-19 a Dirección do centro elaborou unha serie de formularios para facilitar a prematrícula dos nosos alumnos de cara a unha planificación do vindeiro curso escolar, e aínda que non é vinculante para a matrícula, si é necesaria para que o Centro dispoña de datos para a organización da oferta educativa do curso 20-21. Por iso lles pedimos encarecidamente que a resposta a estes cuestionarios sexa moi meditada pola familia e o alumno.

 

A prematrícula consta de dúas partes:

  • Datos do alumno

  • Selección de itinerarios e materias

 

Estas prematrículas son para os niveis de 3º, 4º ESO e 1º, 2º BACHARELATO e están dispoñibles no correo do alumno @telleiras.org (só será posible acceder a eles desde a conta do voso fillo/a) e deben ser enviadas de xeito telemático antes do 9 de xuño. O formulario acompáñase dunha mensaxe coas instrucións precisas para poder cubrilo. Se todos os apartados foron rexistrados correctamente, aparecerá unha mensaxe de confirmación no correo de telleiras.org do alumno cun resumo das materias elixidas.

 

Por se é de axuda, na páxina Web do instituto IES AS TELLEIRAS, no apartado Oferta Educativa, dispoñen de documentos nos que poden consultar todo o necesario para a correcta cumprimentación da presente prematrícula. Ditos documentos son:

 

  • Caderno ESO. Este caderno recolle toda a información relevante sobre a etapa académica da ESO.

  • Itinerarios e contidos ESO. Este documento recolle a oferta educativa do centro e a explicación dos contidos de aquelas materias incluídas nesta oferta.

  • Caderno Orientación académica Bacharelato. Este caderno recolle toda a información relevante sobre a etapa académica de Bacharelato.

  • Itinerarios e contidos Bacharelato. Este documento recolle a oferta educativa do centro e a explicación dos contidos de aquelas materias incluídas nesta oferta.

 

Así mesmo, o departamento de Orientación pon a disposición do alumnado e as familias o seguinte enlace:

https://elorienta.com/telleiras/

En caso en que teñan algunha dúbida referida ao formulario ou á orientación académica do seu fillo, poden chamar ao teléfono do instituto de luns a venres de 10:00 h a 13:00 h:

Teléfono: 881930350

 

Grazas pola vosa colaboración.

O Equipo Directivo de IES As Telleiras

RECOLLIDA DE MATERIAL DO ALUMNADO QUE NON TEN ACTIVIDADE PRESENCIAL

De acordo a Resolución do 22-05-2020 da Consellería de Educación, 4.1, permitirase a entrada nas instalacións do Instituto para a recollida de material do alumnado.

A efectos de organizar o acceso as instalacións, informamos:

1.- O calendario segundo o nivel será o seguinte:

  • 1º ESO/ESO / ESO /4º ESO/ 1, 2 e 3 de xuño
  • BACHARELATO:.4 e 5 de xuño

2.-O horario: de 09:00h a 14:00h
3.- Acudirá ao centro unha única persoa
4.- Acudirase con mascarilla e deberán seguirse as indicacións de distanciamento e hixiene.
5.- O proxenitor/a ou alumnado será acompañado ata a aula correspondente por persoal do Instituto.
6.- As familias que teñan máis dun fillo/a acudirán unha única vez, en calquera das dúas quendas.
7.- Lémbrase que é importante que os seus fillos/as teñan dispoñibles os libros recibidos do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS da Xunta de Galicia, para devolvelos ao centro a finais de xuño no calendario que se anunciará oportunamente.

Distribuir contido


by Dr. Radut