Skip to Content

Blogues

LIBROS DE TEXTO 2024-25

Os libros de texto propostos polos departamentos didácticos para o curso 2024-25 son os seguintes (por favor, non merquedes os libros de Bioloxía e Xeoloxía aínda):

        1º ESO      1º BAC
        2º ESO 
     2º BAC
        3º ESO  
        4º ESO  

GRADUACIÓN DE 4º ESO

O alumnado de 4º ESO celebrou o pasado vernes a súa graduación, en compañía do profesorado do centro. Foi un acto sinxelo e moi divertido, con discursos do Xefe de Estudos e das titoras e a actuación de Diego Mourente, que interpretou dúas cancións para todos nós. Logo disfrutaron duns pinchos no hall do centro.

 

Non esquezades que en Telleiras teredes sempre a vosa casa.

 

Parabéns a todos e todas!!

 

 

SORTEO CESTA GADELICIA

O pasado martes tivo lugar o sorteo da supercesta de produtos galegos de Gadelicia, premio das rifas que o alumnado de 1º e 2º da ESO estiveron a vender para costearse o excursión a Galipark do vindeiro 21 de xuño. O número gañador foi o 3385, que pertence á alumna Estela Niebla Alves, de 2ºESO A.

Noraboa, Estela!!


 

PRIMAVERA EN TELLEIRAS

Agora que o curso está a piques de rematar e o verán se achega, poñemos punto e final a moitas actividades e proxectos que comezaron hai meses. Estamos a ter unha primavera moi movidita e chea de traballo! Aquí tedes algúns dos froitosdeste curso:  

O Clube de Ciencia, logo do seu grande éxito na FLL, centrouse máis no mundo natural coa crianza de gusáns de seda e o cultivo da horta. Esperamos recoller moitas leitugas, tomates e xudías. 

 

 

 

 

O 16 de maio entregáronse os premios do XXVIII Certamen Intercentros Concello de Narón, no Pazo da Cultura e foron moitos os alumnos premiados do noso centro, en categorías moi variadas. Aquí tedes os seus nomes:

 

·       O grupo de teatro “Moucho e Cuquiña” de 2ºESO.

 

·       O alumnado de Cultura Audiovisual de 1º BAC polo corto “Desbotando tópicos”.

 

·       A alumna Duna Martínez de 2º ESO, pola obra “Marie” na categoría de Narrativa.

 

·       A alumna Aitana Dopico de 2º ESO pola obra “A mellor decisión”.

 

·       A alumna Celia Aneiros de 2º BAC pola poesía “Bruce Springsteen” e un accesit pola obra “Bailando con lobos”.

 

Noraboa a todos e todas!!

 

 

O alumnado de Educación Plástica está a reinterpretar obras pictóricas moi recoñecibles, especializándose nas de pintores galegos, que exponen no hall do centro.  Asimesmo o alumnado de 4º ESO está a decorar as paredes do pasillo de acceso á súa clase con colores alegres e festivos, e motivos moi primaverais.

 

O 22 de maio o alumnado de Economía da Empresa e o de Tecnoloxía e Enxeñería de 2º BAC visitou no Polígono de Sabón as instalacións de Inditex, para coñecer de primeira man o seu proceso produtivo, a loxística e as estratexias de marketing da empresa. Voltaron abraiados e aprenderon moitísimo!!

 

 

O equipo de Normalización Lingüística estivo a traballar sobre a novela de Xosé Neira Vilas “Memorias dun neno labrego”, unha das máis lidas e traducidas da literatura galega. O alumnado fixo unha exposición preciosa que adorna o pasillo do edificio de bacharelato titulada “Eu son Balbino”.

 

 

 

VISITA DO ALUMNADO DO CEIP A SOLAINA

Onte veu de visita o alumnado de 6º de primaria do veciño CEIP A Solaina,  adscrito ao noso instituto. Recorreron a distancia que separa ambos centros en bici e logo deron unha volta polas nosas instalacións, recibiron información sobre os programas e oferta educativa e coñeceron a profesores e equipo directivo. Moi activos e simpáticos. Esperamos terlles gustado e que estean connosco o curso que vén!  

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO 2023-2024

 A Xunta de Galicia convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/24

1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
2. Cada premio non poderá exceder os 1.000 €.
3. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá ademais un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de xullo de 2024.

    As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu» , accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia,  ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu». código de procedemento ED311D.

 Máis información no DOG do 6 de xuño de 2024 e en https://www.edu.xunta.es/premiosedu

Para ver resumo, pincha aquí

CALENDARIO FIN DE CURSO 1º BAC

Reclamación ás cualificacións ordinarias de 1º de bacharelato

O alumnado de 1º de Bacharelato, poderá reclamar contra as cualificacións finais obtidas na convocatoria ordinaria, os días 13 e 14 de xuño, de 9:00 a 13:30 horas nos despachos de Administración do centro, e dirixirse ao director do mesmo. As reclamacións deberán ser formuladas polos seus representantes legais, ou ben polo propio alumno no caso de ser maior de idade.

Notificación de resolución de reclamacións

As notificacións de resolucións serán entregadas aos/ás interesados/as ou representantes legais o día 17 de xuño, na Xefatura de Estudos.

Reclamación ante Xefatura Territorial de A Coruña

Nun prazo de 48 horas desde a notificación da resolución, o alumno ou alumna, ou os seus representantes legais no caso de ser menores de idade, poden solicitar por escrito no centro, que a dirección remita o expediente de reclamación ante o Xefe do Departamento Territorial de A Coruña. Esta será presentada nas oficinas do centro dende o 18 ao 19 de xuño (até as 13:30 h do día 19 de xuño).

EXCURSIÓN DE 1º ESO AO CASTRO DE VILADONGA

O alumnado de 1º ESO visitou o pasado 28 de maio o Castro de Viladonga e o seu museo, descubrindo a cultura castrexa. Logo xantaron no parque Profesor Río Barxa no centro de Meira. Foi un día moicaloroso pero por sorte, remataron a xornada no Pedregal de Irimia, onde nace o río Miño. Alí puideron refrescar os pés e espantar un pouco a calor! 

Foi un día fantástico aprendendo e disfrutando do sol!! 

Distribuir contido


by Dr. Radut