A Consellería publicou unha resolución (*) para a acreditación de competencias dixitais do alumnado que cursa FP, ESA e Bacharelato de adultos.
Esta acreditación pode ser de oficio, mediante unha proba específica ou unha combinación de ambas, e nos niveis inicial e intermedio.
Podedes atopar a información na presentación engadida e no seguinte enlace (Preme aquí) ou na propia resolución (Preme aquí).
Para simplificar un pouco a información, no noso centro as situacións poden ser as seguintes:
1.- Acreditación de oficio en nivel inicial para o alumnado que obteña o título de FP básica ou ESA no curso 23/24.
2.- Acreditación de oficio en nivel intermedio para o alumnado que obteña o título de CM en Instalacións eléctricas e automáticas e calquera ciclo superior no curso 23/24.
3.- Acreditación mediante proba específica do nivel intermedio completo: poderá presentarse á proba o alumnado matriculado no curso 23/24 no 2º curso dun ciclo formativo de grao básico ou no módulo IV de ESA.
4.- Acreditación por superar proba específica da área de dominio 4 e obter simultáneamente un título distinto aos do punto 2 no curso 23/24.
O prazo de inscripción é ata o 22 de maio, polo que cómpre que informedes aos vosos titorandos. Achegamos a folla de inscripción e tamén a podedes atopala en dirección
(*) Resolución do 29 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de réxime especial, e ensinanzas de educación secundaria e bacharelato para persoas adultas.