Skip to Content

Información do transporte escolar curso 2023-24

Comunícase que todo o alumnado ten que solicitar a autorización de uso do transporte escolar correspondente para o curso 2023-24, indicando a paradas correctas.

Os alumnos/as de Oza-Cesuras e Aranga matriculados no IES As Mariñas en cursos da ESO son usuarios/as con dereito a transporte escolar gratuíto.

Todos os demáis alumnos/as poden considerarse usuarios excepcionais:

Segundo as indicacións recollidas na Instrución 1/2023, pode autorizarse o uso excepcional do servizo a aqueles/as alumnos/as que aínda que non ostenten a condición de persoa usuaria con dereito a transporte escolar, pode excepcionalmente usar o servizo sempre que concorran os seguintes requisitos:

  • Que existan prazas vacantes
  • Que non comporte a modificación das rutas
  • Que non supoña a creación de novas paradas
  • Que non incremente a duración do traxecto
  • Que non precise a incorporación de acompañante


page | by Dr. Radut