Skip to Content

CHEGA O GRAN MOMENTO. SPAINSKILLS 2019

Chega o gran momento para Brais Fernández Rocha, alumno do ciclo superior de Automoción do noso IES, a partir de hoxe comezan as olimpíadas nacionais de FP, Spainskills 2019, que se celebran no IFEMA de Madrid, ao longo destos tres días 28, 29 e 30 deste mes de Marzo. Despois dunha longa preparación tras gañas o campionato autonómico hoxe xa se atopa en Madrid xunto co seu titor Miguel Vilela disposto a dalo todo e demostrar a calidade da nosa formación profesional.O obxectivo das olimpíadas de FP é amosar a capacitación dos estudantes destas ensinanzas nun escaparate que sirve como lugar de encontro de institucións e empresas.As Spainskills celébranse cada dous anos e conta con representación de todas as comunidades autónomas. Os gañadores de medalla de ouro nesta competición representarán a España en Worldskills Kazan 2019 (Rusia) e en Euroskills Graz 2020 (Alemaña).  https://spain-skills.es/ A retransmisión deste campionato pódese seguir en directo desde o seguinte enlace: https://spain-skills.es/index.php/competiciones/fases/nacional/spainskills-madrid-2019/retransmision-en-directo-spainskills-2019  Moita sorte brais.

spainskills2019
AdxuntoTamaño
presentacion spainskills.png2.73 MB


page | by Dr. Radut