Skip to Content

Miguel Paz Pena alumno de Automoción no noso centro acada unha medalla de excelencia no Euroskill 2018 en Budapest

 

Miguel Paz Pena, alumno do ciclo superior de Automoción no noso centro e titorizado polo profesor Miguel Vilela,  tras gañar as medallas de ouro no campionato autonómico GaliciaSkills e no nacional SpainSkills 2017, e clasificarse para formar parte da selección Española na especialidades Tecnoloxía do automóbil, participou no campiotato Europeo Euroskills 2018, en Budapest entre os días 26 e 29 de Setembro.

O noso alumno Miguel Paz Pena competíu no Skill de Tecnoloxía do Automóbil no mais importante campionato de formación profesional a nivel Europeo contra competidores doutros 17 países acadando o posto 7 na clasificación, conseguindo unha medalla de excelencia asignada aos competidores que obteñen unha puntuación moi próxima a medalla de ouro, situando ao noso centro e a nosa comunidade no mais alto da formación profesional europea.

 http://www.edu.xunta.es/fp/node/14941

http://www.euroskills2018.com/

http://www.todofp.es/sobre-fp/competiciones-de-fp/worldskills-europe/budapest2018.html

NORABOA CAMPIÓN

 



page | by Dr. Radut