CICLO MEDIO
Con carácter xeral, a totalidade das prazas ofrecidas no centro en cada ciclo distribúese por cupos de acceso cunha reserva específica de prazas. Hai tres cupos diferentes de acceso:
Cupo de acceso directo, para as persoas que posúen título da ESO, título de técnico ou titulacións equivalentes.
Cupo de acceso por PCPI, para as persoas que teñen os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 e seguintes.
Cupo de acceso por proba, para as persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos e non cumpran os requisitos de carácter académico.
A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:
Acceso directo |
Acceso por PCPI |
Acceso mediante proba |
Ata o 70% |
2/3 do 30% restante |
1/3 do 30% restante |
10% para persoas discapacitadas |
||
5% a maiores para deportistas de alto rendemento |
En caso de empate entre varias persoas solicitantes, e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público segundo a normativa. (Criterios de desempate).
O procedemento de admisión ten establecidas as datas de publicación das listaxes de adxudicacións e os prazos de formalización de matrícula (consultar o calendario de admisión). As matrículas ou renuncias fóra dos prazos establecidos non serán válidas.
cando a demanda de prazas supere a oferta, hai establecidos uns criterios de selección. Estes criterios ordenan os candidatos por maior nota de acceso:
Cupo de acceso directo: notas de 4º de ESO, nota media do ciclo medio.
Cupo de acceso por PCPI: nota dos módulos obrigatorios do 1º cuatrimestre de 2º de PCPI.
Cupo de acceso por probas: nota da proba de acceso.
Para información específica faga clic no ciclo que che interese.