Skip to Content

CICLOS MEDIOS

Con carácter xeral, a totalidade das prazas ofrecidas nun centro e ciclo distribúese por cupos de acceso cunha reserva específica de prazas. Hai tres cupos diferentes de acceso:

Cupo de acceso directo, para as persoas que posúen título da ESO, título de técnico ou titulacións equivalentes.

Cupo de acceso por PCPI, para as persoas que teñen os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 e seguintes.

Cupo de acceso por proba, para as persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos e non cumpran os requisitos de carácter académico.

 A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:

Acceso directo

Acceso por PCPI

Acceso mediante proba

Ata o 70%

2/3 do 30% restante

1/3 do 30% restante

10% para persoas discapacitadas

5% a maiores para deportistas de alto rendemento

 

 

 

 

 

 

 

Cando a demanda de prazas supere a oferta, hai establecidos uns criterios de selección. Estes criterios ordenan os candidatos por maior nota de acceso:

Cupo de acceso directo: notas de 4º de ESO, nota media do ciclo medio.

Cupo de acceso por PCPI: nota dos módulos obrigatorios do 1º cuatrimestre de 2º de PCPI.

Cupo de acceso por probas: nota da proba de acceso.



book | by Dr. Radut