Novas

Celebramos o día do consumidor( responsable)

Premendo neste enlace accédese ao artigo que publicou a web O Globo, vinculada á organización Solidaridade Internacional, organización que nos asesorou e que colaborou nas actividades que levamos a cabo no centro para celebrar o Día Mundial do Consumidor. Estas actividades formaron parte do proxecto de innovación edusostible+edusaúde que desenvolveu o centro no curso 2021-2022.

https://globo.solidaridadgalicia.org/sonda/47/celebramos-o-dia-do-consum...

DATAS MATRÍCULA CURSO 2022/2023

A matrícula para o curso 2022/2023 levarase a cabo nos seguintes días:

- 28 de xuño: 4ºESO

- 29 de xuño: 3ºESO

- 30 de xuño: 2ºESO

- 1 de xullo: 1ºESO

O 27 de xuño, xunto coas notas, ao alumnado entregaráselle o sobre de matrícula.

Para o alumnado procedente doutros centros, que se incorpora a 1ºESO, entregaráselle o sobre na reunión do 20 de xuño, ás 18:00. De non ser posible acudir a dita reunión, poderán pasar polo centro noutro momento a recollelo.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE 6º PRIMARIA, QUE COMEZARÁN NO NOSO IES NO CURSO 22/23

O vindeiro luns 20 de xuño, ás 18:00, na sala de usos múltiples, farase unha reunión coas familias do alumnado que se incorporará a 1ºESO o vindeiro curso 22/23. Nesa reunión darase información sobre a organización do centro, entregaranse os sobres de matrícula e solventaranse as dúbidas que poidan ter as familias.

Axudas MUNICIPAIS para libros de texto

 

Trasladámoslles información da Concellaría de Servizos Sociais do Concello do Grove, que informa de que a partir do día 1 de xuño e ata o 30 do

mesmo mes estará aberto o prazo de presentación das solicitudes de axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar do vindeiro

curso 2022-2023, dirixidas a Educación Infantil, Ensinanza Primaria e Ensinanza SecundariaObrigatoria.

 

 

 

Fondo solidario /axudas libros de texto e material para 2022/2023

 

No DOG de hoxe, 18/05/2020, publicouse a ORDE do 29 de abril da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que regula para o curso 2022/23:

- A participación no fondo solidario de libros de texto para todo o alumnado da ESO (en 2º e 4º ESO manteranse os libros de texto do curso 2021/22, para 1º e 3º ESO o centro adquirirá novos libros para repartir en préstamo entre o alumnado beneficiario).
- A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas a todo o alumnado da ESO.

O prazo de solicitudes vai do 19 de maio ao 22 de xuño, incluído.

Teñen toda a información nos arquivos que se achegan.

 

LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA 2022/23

 

Publícase a listaxe definitiva de alumnado admitido/excluído para estudar no IES As Bizocas no curso académico 2022/2023.

Pode consultarse presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto ou telematicamente a través da aplicación "admisionalumnado", identificándose previamente, se a solicitude se fixo por ese medio. Infórmase de que todas as solicitudes de admisión para 1º ESO resultaron admitidas.

 

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA 2022/23

Publícase a listaxe provisional de alumnado admitido/excluído para estudar no IES As Bizocas no curso académico 2022/2023.

Pode consultarse presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto ou telematicamente a través da aplicación "admisionalumnado", identificándose previamente, se a solicitude se fixo por ese medio. Infórmase de que todas as solicitudes de admisión para 1º ESO resultaron admitidas.

Poderán formularse reclamacións no prazo de 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación desta listaxe. A estimación ou desestimación das reclamacións formuladas entenderase realizada a través da publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

 

Distribuir contido