Taboleiro
ELECCIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR
Enviado por admin o Mér, 10/27/2021 - 10:04Adxúntase información sobre as elección ó Consello Escolar.
O sorteo público onde se elixirán os membros que formarán parte na xunta electoral realizarase no centro o día 29 DE OUTUBRO, en horario de 10:15 a 10.35.
PROTOCOLO COVID E PLAN DE CONTINXENCIA
Enviado por admin o Lun, 10/04/2021 - 21:48Nos seguintes documentos poderase consultar o Plan de adaptación á situación COVID 19 no curso 2021/2022, actualizado o 20/09/2021; así como o Plan de Continxencia, actualizado o 09/09/2021.
Calendario Escolar 2021/2022
Enviado por admin o Xov, 09/30/2021 - 20:02No arquivo adxunto poden atopar o calendario escolar para o curso 2021/2022
TRÍPTICO INFORMATIVO - INICIO DE CURSO
Enviado por admin o Mar, 09/14/2021 - 21:43No seguinte tríptico, que se comentará co alumnado o primeiro día de clase, recóllese información relativa á organización do centro debido á COVID-19, xunto
INICIO DE CURSO 2021/2022
Enviado por admin o Mar, 09/14/2021 - 13:28O vindeiro mércores 15 de setembro dará comezo o novo curso escolar.
- O horario será o ordinario, é decir, de 8:35 a 14:10
- O alumnado que utilice o transporte escolar terá que estar nas paradas ás 8:00
- Cando cheguen ó centro, o alumnado esperará no patio, na zona habilitada, respectando as distancias de seguridade.
- Chamaráselles por grupo, para que suban acompañados do titor ou titora.
- Unha vez na aula, daráselles o seu horario, entregaránselle os libros de préstamo e darase a información necesaria.
LEMBRAMOS que é obrigatorio o uso de máscara en todo o recinto escolar, así como manter a distancia social e a hixiene de mans cando sexa necesario.
Listaxe DEFINITIVA Fondolibros-Axudas material 2021/2022
Enviado por admin o Mar, 09/14/2021 - 11:33
Fanse públicas as listaxes DEFINITIVAS de solicitudes admitidas e excluídas do préstamo de libros de texto do Fondo solidario para estudar no IES As Bizocas o curso 2021/2022.
Estes libros serán entregados ao alumnado durante o primeiro día de clase. A listaxe poderá consultarse tanto no propio centro como a través da aplicación FONDOLIBROS, accedendo, de ser o caso, a través do menú "Cidadáns".
En canto á concesión/denegación de VALES PARA MATERIAL ESCOLAR:
Confírmase a Listaxe provisional publicada o 9 de xullo, polo que os alumnos/as para os que se indicaba "asignaranse como mínimo 6 libros" tamén son beneficiarios do vale para mercar material escolar, resultando excluídos os demais. Os vales ENTREGARÁNSELLE ao alumnado beneficiario durante os primeiros días de clase, a canda o lote de libros de préstamo que lle corresponda a cadaquén.
Bolsas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidade de apoio educativo
Enviado por admin o Mér, 09/08/2021 - 18:30Convocadas axudas para alumnado con necesidade de apoio educativo do Ministerio de Educación. Poden atopar información sobre a convocatoria no documento adxunto e na seguinte ligazón: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html
O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro.
Listaxe PROVISIONAL Fondo Libros-Axudas material 2021/2022
Enviado por admin o Ven, 07/09/2021 - 09:52Hoxe, 9 de xullo, publícase a listaxe provisional de solicitudes admitidas do préstamo de libros de texto do Fondo solidario-Axudas material 2021/2022 convocado pola Consellería de Educación (Prazo de reclamacións: nos dous días hábiles seguintes).
Todas as solicitudes presentadas resultaron admitidas. Lembramos que os libros asígnanse por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.
OBRADOIRO DE RECUPERACIÓN PARA SECUNDARIA – XULLO/AGOSTO
Enviado por admin o Mar, 07/06/2021 - 13:20A concellaría de Educación do concello de O Grove ten previsto realizar uns obradoiros de Recuperación dirixidos a alumnado de ESO. A actividade desenvolverase durante as mañás, de Luns a Venres, nos meses de xullo e agosto de 2021, en horario de 9:00 a 13:00h no Centro da Terceira Idade e co alumnado organizado en grupos segundo os criterios que mellor funcionen considerando as características particulares de cada un.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »