MEDIDAS PARA A ATENCIÓN PRESENCIAL dende o 11/05/2020:
1.- Será IMPRESCINDIBLE solicitar CITA PREVIA para acudir presencialmente ao instituto para realizar calquera tipo de trámite, chamando ao teléfono 886 151 420 ou por correo electrónico a: ies.asbizocas@edu.xunta.gal
2.- Consulte esta páxina web periodicamente, xa que nela estará dispoñible toda a información sobre os distintos procedementos a medida que se vaian convocando. Para calquera dúbida pode poñerse en contacto co centro no teléfono ou correo electrónico indicados no punto 1.
3.- IMPORTANTE: As solicitudes de certificacións académicas, de matrícula ... (ou a recollida de títulos, se fose necesario) dirixiranse preferiblemente ao correo electrónico (ies.asbizocas@edu.xunta.gal) indicando na mensaxe o motivo da solicitude e un número de teléfono de contacto. Tamén se poden solicitar chamando ao teléfono do centro: 886 151 420. Cando estean tramitadas avisarase telefonicamente para a posta a disposición dos interesados.
4.- En caso de ter que acudir presencialmente ao instituto LEMBRE:
- Só se permitirá o acceso individual con cita previa
- Traia toda a documentación necesaria e xa cuberta
- Acuda coas medidas hixiénicas recomendadas fronte ao Covid-19