Actividades de formación en linguas estranxeiras 2019
A Consellería de Educación, Universidade e FP convoca prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no verán de 2019.
As estadías propostas para o alumnado matriculado actualmente na ESO desenvolveranse en inglés e serán en Galicia. Poderán participar nesta convocatoria os/as alumnos/as que, entre outros requistos, teñan:
- Todas as materias superadas no curso 2017/2018
- Unha cualificación mínima de 6 (ben) na materia de lingua inglesa no curso 2017/18
PRAZO de solicitudes das axudas: ata o 20 de marzo (incluído).
O alumnado interesado en solicitar estas actividades ten toda a información destas axudas en:
https://www.edu.xunta.es/axudasle/PaxinaInicio.do
Ten que lembrar solicitar previamente no instituto unha certificación de matrícula do curso actual e tamén unha certificación académica do curso pasado (o alumnado de 1º ESO terá que pedir esta última no colexio de procedencia).
Adxunto | Tamaño |
---|---|
cartel informativo_2019_b.pdf | 817.55 KB |