Día Internacional da Francofonía (20 marzo)

O vindeiro martes celebraremos o Día Internacional da Francofonía cunha exposición titulada "O francés nos 5 continentes, o francés cos 5 sentidos". Podedes consultar a nosa actividade na páxina da Organización Internacional da Francofonía premendo aquí.Teredes a oportunidade de descubrir a diversidade de países e culturas francófonos empregando os vosos cinco sentidos: degustando productos de diversos países, contemplando paisaxes de tódolos continentes, escoitando unha selección de música, tocando texturas e ulindo especias e flores e adiviñar de qué se trata... Agardámosvos no recreo do martes!