Actividades

Os alumnos de Normalización e da aula de Música desprazaronse o 13 de Maio ata Bueu para participar no Cantalingua.

 

 

 

Vídeo creado polo grupo de Normalización do Centro, A Lingua que Traba

 

 

 

Aquí tedes o resultado da colaboración do Obradoiro musicabarxas co ENDLG do IES As Barxas. Linguaquetraba é un rap en defensa da lingua galega, fabricado nos recreos. A canción participa no certame Cantalingua, para votar por nós podedes premer aquí.

 Lingua-que-traba! lingua-que-traba

e non traga con nada!

Lingua-que-traba! lingua-que-traba

e non traga con nada!

 

Pasmooooón..!

non vou ficar impasible ao teu carón

Vou ser coma un xigante

que leve por diante

a quen se pon

coma un mandón

en plan prohibición

coas bocas de mil linguas do Morrazo a Corcubión

e vouche sacar peito

non hai dereito

non podes poñer teito

á recuperación, da:

 

Lingua-que-traba! lingua-que-traba

e non traga con nada!

Lingua-que-traba! lingua-que-traba

e non traga con nada!

Xa-non-somos-servos-miserentos-,apoucados-sen-alento-,que-consideran-vergoñento-o-seu-acento e ruín!

Non somos coma ti

Que vendes á xente: Tratante!

Nós, somos xigantes!

E sóbrannos folgos

para espetarte:

 

Lingua-que-traba! lingua-que-traba

e non traga con nada!

Lingua-que-traba! lingua-que-traba

e non traga con nada!

 

 Ei! Escoita o que che berro

Non rematei contigo!

Menudo erro! Canta incultura!

Querer dar sepultura a un xigante vivo!

Pero a lingua fura dende a terra escura

¡Medo que tes! ¡Botas escuma!

Baixo os teus pes xa treme a rúa

Rézalle ao ceo

Bateremos arreo

na túa cabeza dura

 

Lingua-que-traba! lingua-que-traba

e non traga con nada!

 

 

Unha vez máis o grupo de Normalización do noso  Centro, A LINGUA QUE TRABA,  puxo en marcha unha actividade dinamizadora do noso idioma que tivo unha enorme aceptación por parte de todo o alumnado como podedes ver no seguinte vídeo

 

 

Distribuir contido