DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Actividades

2ª CHARLA NOV@S INVESTIGADOR@S

Enviado por Anónimo o Lun, 07/10/2019 - 13:58

Seguimos co ciclo de Normalización Lingüística sobre Nov@s Investigador@s. Neste caso será para 4º da ESO, o venres á 3ª hora.

TEMOS UMA LÍNGUA UNIVERSAL

Enviado por Anónimo o Mér, 02/10/2019 - 12:12

No ano 2020 celebraremos o Día das Letras Galegas na honra de Ricardo Carvalho Calero, escritor, profesor e intelectual galeguista e unha das figuras máis salientábeis das nosas letras durante o século XX. Para conmemorar a súa contribución á naturalización da internacionalidade da nosa lingua, realizaremos actividades ao longo do ano que permitan pór en valor o galego como lingua universal. 
 
Así, arrancaremos o próximo martes día 8 conversando con Onofre Muianga, moçambicano. Esta charla, realizada coa colaboración da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Moaña, irá destinada ao alumnado de 3º da ESO e terá lugar no Salón de Actos.
 

CICLO DE CHARLAS NOV@S INVESTIGADOR@S

Enviado por Anónimo o Ven, 27/09/2019 - 14:12

O vindeiro venres día 4 de outubro comeza o noso Ciclo de charlas de Nov@s Investigador@s cunha charla sobre "As matemáticas do noso mundo" para 1º da ESO. Serán charlas impartidas por mozos e mozas investigador@s en diversas áreas científicas que realizan o seu labor en galego. Porque en galego tamén se fai ciencia!

 

DÍA DA VISIBILIDADE BISEXUAL

Enviado por Anónimo o Lun, 23/09/2019 - 10:58

O noso grupo de Incómodxs e rebeldes, integrado no equipo de Normalización Lingüística, artellou esta instalación hoxe para facérmonos partícipes do Día da visibilidade bisexual (23 de setembro). Forza e avanti, rapazada!

Deixámosvos unhas imaxes da saída ao Parqueaventura de Padrón que fixeron moz@s de 1º de Bach como peche do ICampamento de Inmersión Lingüística organizado polo EDNL (Denís). Acompañáronos Bea e Alex e incluia xantar no propio parque e o compromiso de falar en galego durante a visita. Un pouco máis abaixo unha imaxe do transcurso do propio Campamento en Palas de Reis onde foron con denís e Marga

 

 

 

Distribuir contido