Hoxe estivemos con @prado_rua e @toxio.gal na charla das @youtubeiras.gal, con 4° da ESO. Xa sabedes, estades a tempo de presentar os vosos vídeos ao concurso! Consulta as bases! @ogalegonasbarxas
Durante o mes de outubro, se vides ás Barxas, podedes ver un par de exposicións terroríficas. Por unha banda, na entrada temos ás nosas "Mulleres que meten medo"do alumnado de Expresión artística e polo outro temos a exposición "Queres xogar?" de 1º BACH, de Debuxo Artístico.
O pasado 31 de outubro celebramos o noso magosto samaínico con castañas, chourizos, sobremesas monstruosas, música tradicional e baile, cabazas, xogos populares e arte, moita arte! Grazas a todas as persoas que colaboraron!
O pasado 16 de outubro visitounos o contador de contos Samuel Mountoumnjou, que veu contarlle a 2° ESO fermosas historias de Senegal en francés. Moitas grazas!