O Concello de Moaña inicia un proxecto de reforzo para o alumnado máis vulnerable, co apoio dos dous institutos da vila. Por moitas máis iniciativas así!
Entre os Mariscador@s de ideas do Concello de Moaña estaban os nosos Etienne, Enzo, Lucía e Dani, que asistiron ao Parlamento Galego o pasado martes. Que orgullo!
O pasado venres 24 de novembro puidemos participar xunto co IES Plurilingüe A Paralaia nunha actividade conxunta contra as violencias machistas. Todos os días, 25N!