DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25 |
1º ESO: 27 e 28 de xuño 2º ESO: 5 de xullo 3º ESO: 4 de xullo 4º ESO: 2 e 3 de xullo 1º BACH: 1 e 2 de xullo |
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14. |
VISITA DE MANUEL NÚÑEZ SINGALA. 21 DÍAS EN GALEGO
No marco das actividades dos 21 días en galego, recibimos no Ies As Barxas a visita do autor Manuel Núñez Singala para falar co alumnado de 4⁰ de ESO sobre a súa obra Comedia Bífida, traballada nas clases de galego. Presentaron o acto Vera e Carlos. Ao final, o autor asinou algúns exemplares da súa obra. Grazas a todas as persoas implicadas nesta actividade.