Blogues

PARABÉNS AO NOSO ALUMNADO DO BACHARELATO STEM

Enviado por Anónimo o Mér, 19/05/2021 - 10:51

Sentimos moito orgullo do noso alumnado de Bacharelato STEM, que expuxo os seus proxectos sobre os Ecosistemas da Ría de Vigo: produción e ameazas e acadou a máxima nota por parte do tribunal avaliador! Parabéns!

PROBAS DE ACCESO A ENSINANZAS DEPORTIVAS 2021/22

Enviado por Anónimo o Mér, 19/05/2021 - 10:41

O pasado venres 14 de maio de 2021 publicouse a Resolución do 4 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2021/22. 
No seguinte link do portal educativo está a resolución e os modelos de inscrición, de solicitud de exención e de alegación de mérito deportivo: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33966

VIDEOCLIP DE AINHOA MOSQUERA

Enviado por Anónimo o Xov, 13/05/2021 - 10:49

Aquí está o videoclip da canción "Miss each other before we need", de Ainhoa Mosquera, que traballamos no Obradoiro de produción musical con Iago Lorenzo dentro do Contrato Programa de Mellora de coñecementos para acadar a excelencia, e que se estreou o sábado 8 de maio no programa El Maketón - Maeloc, da emisora 40 Principales Vigo.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=n5jSqGrm1eE

 

PARABÉNS ÁS NOSAS CAMPIOAS DE ESPAÑA DE BATEIS!

Enviado por Anónimo o Mar, 04/05/2021 - 10:21

Desde o IES As Barxas queremos felicitar ás nosas campioas de España de bateis na categoría infantil, Nuria Fervenza, Noa Figueirido, Noa Faria, África Freire e Tania Otero, ademais de a Mara Currás, estudante no IES Paralaia. Sodes grandes, rapazas!

Soa o timbre pero o instituto non para, chova ou faga sol! O 21 de abril, obradoiro de canto con Diana Tarín e obradoiro audiovisual con Luz Beloso. Un luxo de profes e alumnado.

 

Distribuir contido