O pasado 31 de marzo o grupo Vicus teatro fixo as delicias do alumnado de 4⁰ e bacharelato, coas súas Crónicas clásicas, unha explicación cómica das orixes do teatro e de algunhas obras clásicas. Unha actividade en galego organizada polo equipo de dinamización.
Quixemos celebrar o Día da Visibilidade Trans o pasado 31 de marzo, cunha exposición e coa proxección de varias curtametraxes creadas polo alumnado do noso centro e organizada polo grupo de Incómodxs e rebeldes.
O alumnado de 2º ESO estivo o pasado mes de marzo de excursión na estación de Astún, en Jaca (Aragón) e pasárono así de ben nas súas prácticas de esquí!
A nosa alumna Patricia Fernanda, de 4° ESO, coa profe Luz Beloso, na entrega de premios da Fundación Otero Pedrayo pola mellor curtametraxe na súa categoría. Parabéns!!!