Skip to Content

Actividades do departamento de Educación Física

Visita ao centro deportivo BEONE

Os alumnos/as de 2º de Bacharelato da optativa “Actividade Física Saúde e Relacións Sociais” desfrutaron o xoves 07 de abril de 2022 dunha actividade deportiva no Centro Deportivo BeOne en Lugo.

Despois de visitar as instalación, fixeron unha sesión todos xuntos de Bike, nunha espectacular sala e, despois, dividíronse en dous grupos de traballo, onde un deles faría unha sesión de Global Balance (fusión de actividades de Ioga, Pilates, Taichi) e o outro grupo unha sesión de Cross Training (adestramento funcional de media e alta intensidade), cambiando posteriormente. 

O álbum elixido (aid = 53) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Visita ao Rocódromo dos alumnos de 3º ESO

Os alumnos/as de 3ºESO da materia de Educación Física desfrutaron dunha xornada de iniciación a escalada, o martes 05 de abril de 2022 no rocódromo de Lugo (Rocolugo) situado no Pazo de Ferias e Congresos de Lugo, acompañados polos profesores do departamento de Educación Física ; Adrián Salgado, Ramón Vázquez e Marta Fernández

 

O álbum elixido (aid = 52) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

PADEL

Os alumnos/as de 2º de Bacharelato da optativa “Actividade Física Saúde e Relacións Sociais” desfrutaron o 10-03-2022 dunha sesión de iniciación ao pádel, a cargo do clube Lucus Pádel situado no Polígono As Gándaras.

  • Organizador: Departamento de Educación Física
  • Profesores acompañantes: Adrián Salgado, Ramón Vázquez

LOITA OLÍMPICA

Os alumnos/as de 2º de Bacherelato da optativa “Actividade Física Saúde e Relacións Sociais” desfrutaron o 15-03-2022 dunha sesión de iniciación a Loita Olímpica a cargo do clube Lugo Loita Olímpica, no ximnasio do instituto, onde montouse un tapiz propio desta disciplina para poder realizar a sesión dun xeito máis idóneo.

Organizador: Departamento de Educación Física

Profesor acompañante: Adrián Salgado.

Álbum: Curso 2021/22 -> Loita Olímpica 3ºESO

ROCÓDROMO

Os alumnos/as de 1º de Bacherelato da optativa “Actividade Física Saudable de Ocio e Tempo Libre” e os alumnos/as de 2º de Bacherelato da optativa “Actividade Física Saúde e Relacións Sociais” desfrutaron dunha xornada de iniciación a escalada, no rocódromo de Lugo (Rocolugo) situado no Pazo de Ferias e Congresos de Lugo.

Organizador: Departamento de Educación Física

Profesores acompañantes: Adrián Salgado, Ramón Vázquez

Álbum: Curso 2021/22 -> Rocódromo 1º e 2º BAC

PRIMEIROS AUXILIOS NO IES ÁNXEL FOLE

NOVA DE PRIMEIROS AUXILIOS IES ÁNXEL FOLE

O pasado venres 11 de xuño recibimos no IES Ánxel Fole unha charla sobre primeiros auxilios básicos organizada polo Departamento de Educación Física.

A actividade estivo dirixida, principalmente, ao alumnado do 1º e 2º curso da ESO e foi impartida por Jacobo, técnico da Cruz Vermella.

Ao longo das sesións, explicouse como e cando realizar a posición lateral de seguridade (PLS), como actuar ante unha obstrución de vía aérea por corpo estraño (OVACE) e como realizar a reanimación cardiopulmonar (RCP), entre outros. Ademais, durante o recreo, o alumnado que así o quixo puido visitar o interior dunha ambulancia.

Dende o centro agradecemos á Cruz Vermella a súa colaboración e, especialmente, a Jacobo a súa disposición e bo trato.

Para rematar, lembramos que, como dixo Jacobo: “A peor RCP é a que non se fai”.

 

PRIMEIROS AUXILIOS NO IES ÁNXEL FOLE

Viaxe a Mariña lucense

O 6 de maio de 2019 o departamento de Educación Física organizou unha andaina dende Rinlo ata a praia das Catedrais e pola tarde xogos na praia da Rapadoira.

Álbum: Curso 2018/19 -> Mariña lucense
Distribuir contido


by Dr. Radut