Un grupo numeroso de alumnado e profesorado do IES Ánxel Fole participa, durante os cursos 2021-2022 e 2022-2023, no Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, cun traballo colaborativo e interdisciplinario centrado no muralismo e a arte urbana da cidade de Lugo. As actividades realizadas ao abeiro deste programa serán recollidas no blog A fala do Fole, onde figurarán coas etiquetas “Arte urbana”, “Plan Proxecta” e “Proxecto Didáctico Antonio Fraguas”.