Nesta ocasión os nenos e nenas de 1ºESO estiveron a experimentar coas funcións relacionadas coa robótica; coas oportunas explicacións de Luis Rivera (o monitor) foron capaces de deseñar, construir e programar unha casiña para que se abrise e cerrase a porta do garaxe e un temporizador para a luz que tarda 5s en apagarse.
Ademais o monitor agasallounos cun detalle feito na impresora 3D a cal puideron ver nas actividades.
Moitas grazas Luis polo teu traballo e implicación!!
Álbum: Curso 2019/20 -> Obradoiro de Robótica para 1º ESO