Skip to Content

VISITA VIRTUAL Á CENTRAL EÓLICA EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

VISITA VIRTUAL Á CENTRAL EÓLICA EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

     O pasado 20 de abril aproveitando a proximidade do DÍA DA TERRA, que neste ano 2021 celebrouse o xoves 22 , levouse a cabo unha actividade organizada dende o Departamento de Tecnoloxía consistente nunha visita virtual ao Parque Eólico Experimental de Sotavento.

    O Obxectivo desta visita virtual foi realizar unha divulgación e educación enerxética centrada nas enerxías renovables, o aforro, a eficiencia enerxética e a súa interrelación coa problemática ambiental. Se fixo un recorrido completo a unha vivenda bioclimática situada no propio parque , e na que é moi sinxelo aprender como ter en conta o seu deseño, ubicación e adaptación ao terreno para aproveitar os factores climatolóxicos.

    A pesar dalgún problema co audio, a visita virtual foi moi interesante e dous grupos de 3º ESO tiveron a sorte de disfrutala.

Álbum: Curso 2020/21 -> Visita Virtual SOTAVENTO

Arte, Robótica e Creatividade

ARTE, ROBÓTICA E CREATIVIDADE

         O derradeiro mércores 7 de abril levouse a cabo unha actividade organizada dende o Departamento de Tecnoloxía e desenvolvida polo equipo de área educativa de Afundación (Obra social ABANCA) , que se desprazou ata o IES Anxel Fole para levala a cabo, traendo con eles todo o material que se precisa para poder realizala (ordenadores portátiles, cables, tarxetas Microbit, e trebellos varios de robótica e electrónica.), e sempre tendo en conta as máximas medidas de seguridade.

 

        A actividade chámase "Arte, robótica e creatividade" e cunha duración aproximada de hora e media ten coma obxectivo subliñar a importancia de detectar unha necesidade ou marcar un factor diferencial á hora de deseñar un produto.O obradoiro consiste en crear un prototipo de mascarilla 3.0 e a programación de tarxetas Microbit a través de MakeCode.

 

        Tres grupos de alumnos de 3ºESO participaron neste Obradoiro organizado pola Área Educativa da Obra Social de ABANCA Afundación grazas a unha aula itinerante STEAM (ciencia, tecnoloxía e matemáticas nas súas siglas en inglés). O alumnado accedeu directamente ao concepto de programar con placas microbit. As actividades desta aula STEAM contan con códigos abertos e gratuítos de tal xeito que o alumnado pode continuar o seu traballo dende a casa.

Premios Atrévete 2020

O luns 21 de decembro de 2020 fixemos a entrega de premios do concurso “ATRÉVETE A TER UNHA IDEA”, sendo os premiados Helena Ben Vázquez e Xan Rodríguez Navarrete, ambos da materia de Educación Financeira.

 

Parabéns a todos os participantes, e en especial aos premiados, polo esforzo realizado.

 

O programa ATRÉVETE, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, tiña prevista a súa clausura no mes de xuño, de forma previa ao fin do curso escolar 2019-2020. Posto que, ao longo da súa realización, se viu afectado pola aplicación de medidas fronte á COVID-19 que, polas súas características imprevisibles e inesperadas, imposibilitaron o desenvolvemento normal do programa e modificaron as circunstancias iniciais establecidas neste, decidiuse suspender o acto de clausura e entrega de premios por parte do Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade Profesional en Santiago de Compostela.

A devandita clausura do programa ATRÉVETE e a entrega de premios do concurso ATRÉVETE A TER UNHA IDEA, pospúxose ata o primeiro trimestre do vindeiro curso 2020/2021 de xeito que, ao non poderen facer un acto multitudinario coas autoridades, delegaron ao centro dita entrega.

Álbum: Curso 2020/21 -> Atrévete 2020 - Economía

Dende o departamento de Tecnoloxía

Álbum: Curso 2020/21 -> Tecnoloxías: nadal 2020

FELICITACIÓN DE NADAL

O IES ÁNXEL FOLE DESEXA FELICES FESTAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Protocolo de adaptación para centros de ensino non universitario

Acceso ao protocolo de adaptación ao contexto COVID-19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2021/22

(versión 1/10/2021)

Plan de continxencia

Enlace ao plan de continxencia do IES Ánxel Fole

Becas 1º e 2º Bac

Recórdase que están en prazo ata o 1 de outubro a solicitude de becas para 1º e 2º de Bac na web www.mec.es.

información ciclos formativos

AVISO

As solicitudes para entrar na Formación Profesional (Ordinaria, Dual, Modular etc), ciclos medios, ciclos superiores empezan o xoves 26 de xuño.

 

 

Máis información en:
http://www.edu.xunta.gal/fp/
http://www.edu.xunta.gal/fp/calendario-proceso-admision-ciclos-formacion-profesional-fp-dual-curso-2020-2021

 

Asimesmo, as Ensinanzas Deportivas oficiais (ciclos medios de Atletismo, Futbol Sala etc), e as Ensinanzas Artísticas Oficiais (Serigafía, Fotografía etc)

Autorizacións

AUTORIZACIÓNS

Autorización saídas

Autorización uso de imaxes en menores de 14 anos

Autorización uso de imaxes en maiores de 14 anos

 

 RECOLLIDA DO ALUMNADO NO CENTRO

 

INSTRUCIÓNS 

  1. Para recoller a un alumno/a menor de idade no centro, antes de rematada a xornada lectiva, deberá comunicalo sempre en conserxería, identificándose e asinando a ficha de saída.

  2. alumno/a só poderá saír do centro acompañado de seu pai ou súa nai (ou persoa titora legalmente acreditado).

  3. No caso de que o pai ou a nai envíen no seu nome a outra persoa ao centro para recoller a seu fillo/a , só se permitirá a saída de acordo co seguinte:

    • A persoa encargada da recollida deberá ser maior de idade.

    • Deberá contar con autorización asinada do proxenitor de alumno/a, segundo modelo dispoñible en conserxería e na páxina web do Centro. 

    • En caso de non dispor de autorización, non se permitirá a saída do alumno/a, nin siquera cun familiar. 

    • En caso de enfermidade, accidente ou indisposición do alumno/a, chamarase ao proxenitor para que se faga cargo.

Autorización para recollida no centro

Distribuir contido


by Dr. Radut