Skip to Content

Exposición Boix e Mauthausen

EXPOSICIÓN BOIX, fotógrafo de Mauthausen.

Existe un descoñecemento xeneralizado da realidade de españois e galegos nos campos de concentración e de exterminio nazi.Escapando da represión franquista, exiliáronse a Francia e sorprendeulles a Segunda Guerra Mundial. Foron vítimas da represión nazi e,ademais, do seu esquecemento en España e Galiza.

Coa colaboracion da ARMH( Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica)o Departamento de Historia mostrou entre os días 10 e 26 de maio a Exposición: Boix, fotógrafo de Mauthausen,para así intentar emendar a desmemoria e a impunidade que existe no Estado español co fascismo e mostrar que hai fendas que aínda están abertas, por moito que se intente ignoralas.

O ramo á exposición foi posto cunha interesante charla sobre o tema aos alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo, ao cargo de J.M. López Tuñas e J.L. Alamán (voluntarios da ARMH), acto que serviu á vez de recoñecemento de quen loita contra o silencio.

Álbum: Curso 2021/22 -> Exposición Boix


album | by Dr. Radut