Skip to Content

Arte, Robótica e Creatividade

ARTE, ROBÓTICA E CREATIVIDADE

         O derradeiro mércores 7 de abril levouse a cabo unha actividade organizada dende o Departamento de Tecnoloxía e desenvolvida polo equipo de área educativa de Afundación (Obra social ABANCA) , que se desprazou ata o IES Anxel Fole para levala a cabo, traendo con eles todo o material que se precisa para poder realizala (ordenadores portátiles, cables, tarxetas Microbit, e trebellos varios de robótica e electrónica.), e sempre tendo en conta as máximas medidas de seguridade.

 

        A actividade chámase "Arte, robótica e creatividade" e cunha duración aproximada de hora e media ten coma obxectivo subliñar a importancia de detectar unha necesidade ou marcar un factor diferencial á hora de deseñar un produto.O obradoiro consiste en crear un prototipo de mascarilla 3.0 e a programación de tarxetas Microbit a través de MakeCode.

 

        Tres grupos de alumnos de 3ºESO participaron neste Obradoiro organizado pola Área Educativa da Obra Social de ABANCA Afundación grazas a unha aula itinerante STEAM (ciencia, tecnoloxía e matemáticas nas súas siglas en inglés). O alumnado accedeu directamente ao concepto de programar con placas microbit. As actividades desta aula STEAM contan con códigos abertos e gratuítos de tal xeito que o alumnado pode continuar o seu traballo dende a casa.



page | by Dr. Radut