Premios "Atrévete"
O día 14 de decembro de 2018 realizamos, cos alumnos de Educación Financeira de 2º ESO, unha visita á Fundación CEL e á empresa Innolact, dentro do porgrama Atrévete da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Percorremos as instalacións do Centro de Iniciativas Empresariais e os alumnos tiveron ademais a oportunidade de charlar con emprendedores que desenvolven as súas iniciativas nesas instalacións, como os promotores de 3edata ou Lignia, e con promotores doutras empresas colaboradoras como Alcia Servizos. Posteriormente fomos ás instalacións de Quescrem Innolact, unha empresa que iniciou a súa actividade no viveiro da Fundación CEL e que hoxe día é unha compañía que ten uns 17 socios e uns 60 traballadores, que aposta fuertemente por investimento en I D i e en internacionalización, con presenza en máis dunha treintena de países e que exporta xa máis do 40% da súa produción.
Moitas grazas a ambas por adicarnos tempo e ensinarnos as súas instalacións.
O luns 17 de xuño de 2019 asistimos á entrega de premios de proxectos emprendedores doPROGRAMA ATRÉVETE 2018/2019, sendo unha das premiadas a alumna de 2ª ESO D do noso centro Sofía González Méndez da materia de Educación Financeira.
Parabéns a todos os participantes polo esforzo realizado.
https://www.youtube.com/watch?v=7e0BQ34FdRc&feature=youtu.be