You are hereAnimación á lectura, Organización
Animación á lectura, Organización
O profesorado do PLAMBE asiste ás V Xornadas de Bibliotecas escolares de Galicia
O venres e o sábado pasados celebrouse, como nestes ultimos catro anos, o encontro dos máis de mil docentes galegos que participan no Plan de Mellora de Bibliotecas escolares de Galicia (PLAMBE).
No Pazo de congresos de San Lázaro formámonos e compartimos experiencias aqueles e aquelas que traballamos para que as bibliotecas galegas sexan un referente no estado español.
Día da Biblioteca no Fraguas
O pasado 24 de outubro, como casi todas as bibliotecas galegas e universais, celebramos o Día internacional das bibliotecas. Visitaron a nosa sala todos os alumnos y alumnas para ver e comentar vídeos sobre libros, bibliotecas e amantes da lectura. Proxectamos Los fantásticos libros voladores, película de animación gañadora do Óscar 2012.
Para que toda a comunidade educativa lembrase ese día, proxectouse no vestíbulo do centro, ó longo de toda a mañá, unha selección dos vídeos da biblioteca. E elaborouse un cartel alusivo á conmemoración.
O Ptolomeo inicia a súa andaina neste novo curso
O Club Ptolomeo de lectores e lectoras mozas ven de comezar a súa andaina neste novo curso. Lemos neste mes de outubro dúas obras. A primeira de banda deseñada, trata de mulleres emigrantes e ten un deseño ben fermoso, fírmaa Xosé Tomás e titúlase Nómades.
Xa estamos nun novo curso... Benvidos e benvidas
Benvidos e benvidas de novo á biblioteca.
O equipo da biblio temos boas novas para toda a comunidade escolar. O PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas escolares galegas) ven de concedernos máis de sete mil euros para que melloremos a nosa. Estamos pois de noraboa. A partir do luns podedes facer suxestións para a compra de fondos.
V XORNADA DE CLUBS DE LECURA
Fotos da V Xornada de Clubs de Lectura celebrada no Pazo de Congresos de Santiago, o sábado 9 de xuño e convocada pola Asesoría de Bibliotecas da Consellería de Educación. Asistiron dúas alumnas do Club Ptolomeo, Sara e Camila e unha nai do Club da Libreta, Ofelia, coa coordinadora dos Clubs, Mª Xesús. O escritor que aparece nas fotografías é Eliacer Cansino.
Teresa Moure visita o noso Club da Libreta este mércores, 7 de marzo
Este mércores, 7 de marzo, visita o noso Club da Libreta a autora de Herba moura, a lingúista, profesora Teresa Moure.
A Paz tema de poesía
O Dia 30 de xaneiro, Día internacional da Paz, na lembranza do gran pacifista mahatma gandhi, entregamos os Premios de poesía do concurso A Paz tema de poesía.
Os Clubs de lectura siguen o seu camiño
Os tres clubs de lectura que veñen funcionando no centro desde fai anos, siguen o seu camiño lector, e están contaxiando a veciñas do barrio e a varios membros da comunidade escolar.
Que fan os libros pola noite? ... Dous vídeos ben feitiños...
O estar no Plambe ten estas ventaxas, os compañeiros e compañeiras envían feituras coma estas. Se queredes disfrutar un pouco picade en youtube
The joy of books
Xuntanza do Club Ptolomeo, o 18 de xaneiro: La lista de Schindler
Moi feliz ano a todos e todas, lectores, lectoras e seguidores do noso blog...
A xuntanza do Club de lectura Ptolomeo deste mes, celébrase o próximo mércores, 18 de xaneiro, ás 18,30 na biblioteca. Traede propostas de lectura, para o mes. Eu vou propoñer un cómic sobre a Segunda Guerra mundial.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »